Entre as fotografías que recibimos no Arquivo visual Ourensán durante a exposición, atopábase esta simpática imaxe, que achega algún dato de interese, e vén enriquecer o apartado de ourensáns no recordo, que aos poucos queremos ir conformando.
A fotografía en canto a localización, é das moitas que en todos os tempos, fixéronse na esquina do paseo, cruzamento de San Miguel, e o Padre Feijoo. A datación facilítanola a propia copia, na que figura escrito por detrás "Entroido 50".
O resto do que vemos, merece algunha puntualización: O vehículo, como podedes ler pertencía á Escola de condutores, "La Moderna", do barrio do Couto (Ervedelo 57, daquelas creo que estaría máis ou menos nas proximidades do actual Xardín Maternal). Pero o máis importante, son dous dos personaxes que protagonizan a fotografía. Ao volante do automóbil, teño moitas dúbidas, pero creo que podería ser o amigo Marcial Feijoo, (non me fagades moito caso, a ver si él me di algo.....), o que se teño confirmado é que dous das damas que embelecían coa súa presenza a caixa do vehículo, eran dona Piedad Ariza Pedregosa e Dona Elisa González Pombar, amiga e nora respectivamente de Dona Obdulia, (para os que non o recordedes, lede a entrada que fixen dela fai uns meses). Dona Obdulia
A Dona Piedad, moitos recoñecerédela mellor polo seu sobrenome, "A Marrona", e tedes dela e o seu marido Don José "O Marrón", datos nestoutra entrada. Os Marrón
A fotografía, cedéunola Natalia Vázquez Novoa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario