Consejos y avisos

16/5/11

O A.v.O. nos medios. (La Región IV)

Deixounos o amigo Guillermo Beszeda, unhas fotografías en color do ano 65, non poiden resistir a tentación, e unha delas puxena no blog case que ese mismo día, pero outro dinlla os amigos do diario "La Región", pra que vola mostrasen nas suas paxinas. 
Esa fotografía, foi esta, e o comentario vou recuperar o que fixen ca outra foto, xa que son moi semellantes.
Eiqui vos queda.
"Entre as imaxes que estamos a recibir estes días, grazas a colaboración de todos vos, esta un pequeno lote de fotografías en color, que Don Guillermo Beszeda, tivo a amabilidade de deixarnos escanear.
A pesares de que non son das mais antigas, teñen un gran valor pra historia da fotografía na cidade.
A fotografía en color, foi no seu momento unha revolución no mundo da fotografía. En Ourense, como en todo o pais, os primeiros que se decidiron a utilizar a nova tecnica, tiñan que ter duas cousas principalmente, cartos e paciencia; supoño que xa vos imaxinaredes o porque do primeiro, como todo o novo, o comezo os precios estansomentes o alcance de alguns afortunados. O da paciencia, ven xustificado, porque o carrete tiña que enviarse os E.E.U.U. pra o seu revelado, co conseguinte prazo de demora.
Anos mais tarde, reduciuse o tempo de espera, porque comenzaron a montarse laboratorios de revelado en todolos paises.
Pois ben, polo que me contan o paso seguinte, foi popularizar a instalación deses laboratorios en calquera parte; en Ourense, (a falta dunha investigación mais exhaustiva), foi no 1965, cando comezaron a traballar eses laboratorios.
A fotografía de Don Guillermo Beszeda, corresponde a esa época, co cal e posiblemente das primeiras fotografías en color reveladas na nosa cidade.
O feito de que o fotografíado sexan as obras da nosa Torre, aportanlle outro punto de interese".

Grazas a Don Guillermo, e a todo los que estan deixando as suas fotografías, e os poucos iremos dando a coñecer a todos os ourensans.
Si queredes revisar a outra fotografía facede clic eiqui

No hay comentarios: