Xa vos dixen fai uns días que Francisco Alvarez, fillo de Reinaldo, (amigo de Augusto e retocador do estudio Pacheco), deixoume unhas moi boas fotografías do seu pai; e o mesmo tempo, facilitoume datos do seu avó Don Francisco Alvarez de Novoa.
Non teño reparos en recoñecer que o unico que eu sabia deste home, era a sua profesion: xornalista, e tiña leido a sua obra "Pé das Burgas".
O mismo Francisco, tivo a amabilidade, de prestarme un libro que no ano 93 publicou Edicios do Castro, reeditando "Beira o Barbaña (Paisaxes)". Magnifico traballo de Don Jorge Martinez Jimenez, quen tivo a fortuna de contar ca memoria de Reinaldo pra ampliar datos que doutro xeito seria dificil conseguir.
Aproveitando ese traballo, comezei a coñecer, a biografia de Alvarez de Nóvoa, e disfrutar da sua obra aparentemente escasa, o ser eses dous titulos, "Pé das Burgas", e "Beira o Barbaña", os coñecidos, e polos meus datos, os unicos reeditados; pero realmente prolifica, ainda que hoxe en día complicada de reunir.
Da sua autoria son: Recuerdo (drama en verso), Los Redentores (drama) y La Titiritera (comedia dramatica). Francisco Álvarez de Nóvoa na sua faceta de xornalista, publicou en (por datos de jorge Martinez Jimenez) mais de 16 diarios ou revistas nos que traballou, falamos de cabeceras como As Burgas, La Voz Pública, El Miño, El Diario de Orense, El Eco de Orense, El Derecho, en resumen, case que todolos xornais que a finais do século XIX, ata mais ou menos o ano 25 do século XX en que deixou toda actividade literaria, (xa falaremos das causas noutra entrada), existiron en Ourense, o marxe de moitas colaboracions en diarios rexionais, e nacionais.
Un dos detalles que mais me chama a atención, e o amor que sempre mostrou pola nosa cidade, ainda que nunca renegou do seu nacemento en Granada, (feito casual, motivado pola profesión paterna, quen era militar; retirouse sendo Teniente Coronel da Garda Civil), e por outra banda as escasisimas referencias que se fan del e do seu amigo Heraclio Perez Placer, por parte dos seus compañeiros de profesión; circunstancia que se repite con algunha excepción nas seguintes xeneracions. (ando a buscar un libro citado por Martinez Jimenez; publicado por Galaxia no 91 Antoloxia da literatura fantástica en lingua galega, dirixida por Antón Risco).
Non quero estenderme en exceso, co cal vou rematar, por hoxe, somentes pedindo a colaboración vosa, por se tedes algunha obra ou articúlo deste autor, e o, do seu gran amigo Heraclio Perez Placer (de quen vos falarei esta seman noutra entrada); ando buscando estes días en bibliotecas e arquivos cousas deles, e a falta de tempo a mais da dispersión dos fondos de prensa Ourensá, fai que sexa moi lento o avance na recompilación de datos.
Poño o blog a vosa disposición, por si algún quere darnos datos ou opiñar do traballo destes dous autores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario