Non, hoxe non toca falar da biblia, nin sequera do primeiro libro escrito en Galego, o titulo ven a conto, de que este cabaleiro que vos presento, ten a honra de ser o primeiro que fixo unha donación, a nosa biblioteca, logo do incendio que arramplou con gran parte da historia bibliografica da cidade.

Esa historia sera outro día, o de hoxe e lembrar e o mesmo tempo agradecer o Sr. Don Gumersindo Bustos, (na imaxe superior), a sua diligencia e rapidez de reflexos, ante unha perda de tal importancia, a sua primeira reacción, foi enviar de xeito inmediato, un exemplar dun libro, pra comezar a reconstrucción da biblioteca. Adjuntaba o libro, a seguinte dedicatoria:
"Para la Biblioteca Pública de Orense, modesta contribución a la que seguirán otras, veinticuatro horas despues del incendio hubo de destruirla.
Buenos Aires 9-XII.1922. Gumersindo Bustos."
Transcribo a dedicatoria, tal e como figura no libro escrito por Don Juan Fernandez Perez, "Xesta", "La nueva biblioteca provincial de Orense, Su Resurgimiento - Memoria" Imprenta La Región 1942. A pesares de que penso non errar si digo que a fecha debese a un erro de imprenta, teria que decir Buenos Aires 9-XII-1927.
O fio dese libro escrito por Don Juan, sabemos que Don Gumersindo, era un Galego de Compostela, escribano de profesión e altruista e bibliófilo de vocación, que impulsou a creación da biblioteca "America" en Santiago, propiedade da Universidade de Santiago de Compostela.
O exemplar enviado, foi o primeiro dunha serie de contribucions deste home, e tratase do libro "Atlantida " do doutor Diógenes Decoud, (outro erro de imprenta, no libro de don Juan Xesta dice "Degoud"). O dato que non facilita, e si se trata da edición de Paris 1885, ou unha das de Bos Aires 1901 ó 1910. Sera cuestion de ir velo na biblioteca, supoño que estar gardado por ali?.
No hay comentarios:
Publicar un comentario