Consejos y avisos

11/5/10

O Quiosco da Alameda I

Unha das construcións máis rechamantes, que tivemos na cidade, foi o quiosco da alameda.
Como xa comentamos nalgunha ocasión, os xardíns do Bispo Cesáreo, eran o punto de chegada e saída da maioría dos carruaxes e dilixencias de finais do século XIX, e comezos do XX.
Esa concentración de actividade, deu pé, a que en maio do 1902, os empresarios Andrés Perille, e Constantino Álvarez construísen o Quiosco da alameda, que sería rexentado nun primeiro momento, por don Modesto Moure; a idea era poder servir refrescos e prensa, aos viaxeiros.
(fixadevos no tamaño dos xornais que se vendian na epoca, era preciso leelos na mesa do comedor, pra ollalos comodamente)
Como podedes observar no plano e o anuncio que vos mostro, o deseño inicial, non foi precisamente respectado, e o que ía ser un local cadrado, con tellado a catro augas, similar aos que aínda hoxe coñecemos, (e asociamos cos antigos fielatos), converteuse nun precioso quiosco con planta hexagonal (*mudéxar), rematado por unha *cúpula que semella unha estupa budista.
*(correccion do amigo Pastor Fabrega)
Este quiosco por desgraza, forma parte da crónica negra da cidade, e na entrada de mañá coa axuda de Don Alfonso Rodríguez, neto do último propietario do Quiosco, coñeceredes o resto da súa historia.

No hay comentarios: