Consejos y avisos

3/5/10

A festa en Celanova

Propiedade Botas
Levaba tempo sen aparecer a terra do meu pai polo blog; a verdade é que non é que antes aparecese moito, o motivo é e foi, que practicamente non teño fotografías de fóra da cidade.
Cun pouco de sorte, no referente a Celanova, pode cambiar; fai uns días presentáronme a un amable matrimonio, que logo dunha breve charla, fixéronme chegar unhas preciosas imaxes da miña terra paterna, e coido que atesouran algunha mais.
De momento ide gozando desta, que hoxe vos mostro.
O marxe de situala na vila de Celanova, (que me aseguran quenes ma deixaron), pouco máis podo facer que elucubrar:
- As roupas, dos personaxes, fanme datala, nos comezos do século pasado (190?).
- Posiblemente tratásese da festa que o primeiro día de marzo celébrase en lembranza de San Rosendo, (As Marzás), penso que naqueles anos, non puxésese as galas unha banda de música, para actuar, sen motivo dalgún evento especial. O San Roque, descártoo, porque, quen aguanta con capa nos rigores do mes de agosto?.
- En canto a unha localización máis definida, supoño, que sería na praza maior, pero o meu pouco coñecemento da historia local, fan que non me atreva a aseguralo.
Se algún de vós pode achegar algún dato, non tería inconveniente en volver publicar a fotografía, cun texto máis clarificador.

No hay comentarios: