Fai uns días, ensíneivos as casas que había na baixada das Burgas, e a miña cabeza púxose a esbarrar, cas lembranzas de "onte", (mais ou menos 35 anos atrás).
O caso é que como non me gusta facer entradas moi extensas, termínea, pero continuou o tema dando voltas na miña "testa". Nesas andaba, cando un cruzamento de ideas, trouxo ao meu pensamento, unha frase de Don Valentín Lamas Carvajal:
“Quedounos tamén os fillos de Ourense, que dito sexa sin anémo de gabarnos,nin facemos como facían, nin pensamos como pensaban,
a condanada sona de graxos da Burga,
pola que somos lembrados e conecidos nas vilas e aldeas da nosa terriña,
sin xusticia e sin razón para elo, como se ve polo que deixo dito.”
Ao lembralas, díxenme: "eu fun un graxo dás burgas"; como dicía Don Valentín, nin fago como facían, nin penso como pensaban.
Tería ao redor de 13 ou 14 anos, o meu territorio, era a zona das Burgas, e unha tempada (creo recordar que todo un verán), tivemos o noso punto de referencia, e ata unha especie de cabana, "no punto medio dá Burga de Arriba e dá Burga de Abaixo", o meu "Casino", era na parte alta das escaleiras de "Calpurnia Abana", e os meus camaradas, non eran o "Mouron", "Pachete", "Portela", "Redes", "Carruxo", "Oso", nin o "Cancheiro", aínda que tamén tiñamos alcumes, que non procede recordar, eran Camilo, Manolo, Emilio, Afonso, Antonio, Aser, Juan, e algúns mais (que nós tampouco esixiamos patente, nin cota, nin certificado de boa conduta).
O caso é que sen sabelo, dalgún xeito estabamos revivindo unha historia que viña xa do ano 1834, no noso caso, tiñamos a fortuna de dispor de vestimenta para todos os do grupo, polo cal non tiñamos que cambiar a "muda", recordardes que os graxos, só tiñan tres mudas para compartir entre os sete, nin tiñamos que coller prestada comida, para non pasar fame; os nosos esforzos destinábanse a buscar novos sistemas de diversión, e realmente atopabámolos, algún día falareivos dos arcos de frechas, cos que conseguiamos lanzamentos de case 100 metros, ou as pistolas de pinzas, coas que conseguiamos ata acertar na diana, ou das carrilanas coas que maltratabamos os nosos tenros corpos, ( imaxinarvos tirarse por la rúa desengano, sen casco nin mais protección que a dun pantalón curto e unha camiseta, nunha táboa con catro rodamientos de bólas) , ou dos pin ball de gomas e cravos, etc.
Outro día seguirei.
No hay comentarios:
Publicar un comentario