Consejos y avisos

19/2/10

Luis Fabrega Coello

Na entrada do luns, xa vos comentaba que hoxe vos daría a resposta, á pregunta que alí se expuña.
O segundo cabaleiro, sentado pola esquerda, é un xovenciño Don Luís Fabrega Coello.
As pistas que vos dei, para algúns de vós foron suficientes, pero dende logo, non para todos. Non vos vou a dar a explicación de todas, xa que estou á espera de que o neto de don Luís, teña un oco e envieme unha breve entrada falando sobre el; por se ten intención de contar eses dous simpáticos detalles, non llos vou pisar.
Explicareivos soamente a última das pistas, que nalgún libro xa saíu, e forma parte da historia da nosa "Caixa de Aforros Provincial de Orense", (Caixa Ourense), hoxe Caixanova.
Cando no ano 1933, un grupo de Ourensáns, entre os que se atopaba don Luís Fabrega (ante a acuciante necesidade de crear unha entidade de aforro, que permitise dar impulso, á iniciativa local, aproveitando o aforro de todos os cidadáns); logo de vencer todos os problemas que se lle expuñan, creou a C.A.P.O.
Os primeiros anos loxicamente foron difíciles, e para os empregados (2?), ata un pouco tedioso, é por iso, que don Luís todas as mañás, achegábase á oficina, (se non me equivoco situada naqueles intres no edificio da actual deputación), a realizar un ingreso, non lle sei cantidade exacta que ingresaría, pero fora cal fora, o caixeiro agradeceríao, polo menos nunca pechaban o arqueo sen movementos.
Un día destes intentarei facer unha entrada máis detallada da nosa Caixa, de momento contentarvos con esta anécdota, e gozade da imaxe que adorna a entrada; non sei se vos destes conta, pero tratase duns dos retratos do mestre "Taxes", Juan Fernández Xesta.

No hay comentarios: