Consejos y avisos

12/2/10

O entroido de Xaime Pacheco

Hoxe a visita e de Don Xaime de Sousa Guedes Pacheco, un dos referentes da fotografía en Galicia. Como deciamos onte, os seus primeiros pasos no mundo da fotografía, foron da man do seu irman José Pacheco (os apelidos eran os mesmos loxicamente, pero Don José, non adoitaba emplealos), e o seu primeiro traballo foi nese estudio da rúa do Alba, nos seus últimos tempos na cidade independizouse e fixo parella con outro dos grandes, Don Xosé Gil, pero eso xa e outra historia.
O que hoxe nos ocupa, son as suas suxerencias pra o entroido, e eiqui as tedes.
Como podedes observar, ese ano 1923 (que xa estaba instalado en Vigo, co seu estudio), Don Xaime propuña disfraces de tematica clasica no entroido, os traxes rexionais, como o de holandesa, que aparece en duas das imaxes, o españolisimo e sempre elegante (e socorrido) mantón, e xa un pouquiño mais elaborado a dama da corte, ca sua espectacular peluca.
Agora sodes vos os que tedes que decidir cal e a vosa suxerencia, ou millor, saide o fin de seman a rúa vestidos con ela, sen preguntar a ninguen, poñades o que poñades enriba, o seu e pasalo ben.
Gozade do Entroido.
(Alcohol pouco, grazas).

No hay comentarios: