Consejos y avisos

20/1/10

A Estación de Canedo

Espero que compartades comigo, a idea de que esta fotografía ben podería ser un fotograma dunha película francesa dos anos 50, incluso a que podedes ver ao final da entrada podería ser outra escena desa película.
Pois aínda que o pareza, non é a "Gare de Lyon"; o escenario é máis próximo, trátase da antiga e desaparecida estación de ferrocarril de Canedo, e a actriz é unha "moza" ourensá.
Móstrovos estas fotografías e este debuxo, para dar as grazas, por unha banda a Don Pastor Fabrega, quen me prestou estas imaxes, e unhas cantas máis, todas obtidas polo seu pai, quen e evidente que tiña boa man para a fotografía, poderedes valoralo en proximas entradas que farei con fotografías artisticas da sua producción; e por outra banda, a Don Francisco Boluda, que conseguiu recuperar coa súa habilidade para o debuxo, a fachada da estación.

De paso gustaríame recomendarvos que visitedes a web dos Carrileiros, (tedes o enlace á dereita), pero tamén que se podedes, acheguédesvos ás súas instalacións (situadas na rúa dá Canle, a continuación dos edificios do Auditorio), onde poderedes gozar do seu museo do tren, e se non chove, ata poderedes ver funcionando algunha das súas preciosas maquetas ferroviarias.

No hay comentarios: