Consejos y avisos

30/1/10

Caderniños de Historia 0

Non interpretedes que esta entrada, é simplemente a presentación doutro libro.
Realmente trátase da presentación dunha nova serie de entradas, que Don Miguel Ángel González García, (Cóengo arquiveiro da Catedral de Ourense, director do Museo da Catedral. Director do Arquivo Histórico Diocesano de Ourense, delegado Diocesano de Patrimonio, por citar só unha parte do seu curriculum), tivo a amabilidade de permitirme que vos mostre no meu blog.
Nos últimos anos, Don Miguel Ángel, desenvolveu un extraordinario traballo de investigación, centrado principalmente na historia da diocese Ourensá; achegounos, a esculturas, documentos, cadros, monumentos, etc., que sen a súa axuda, en moitas ocasións pasaríannos desapercibidas. A maioría deses traballos viron a luz en libros e revistas especializadas, o que dá boa mostra da súa calidade e rigor científico.
Traballando pra esas obras, é frecuente atopar detalles de interese, pero que debido á falta de tempo, ou a imposibilidade de atopar mais datos que permitan desenvolver o tema, quedan en pequenos opúsculos, (pequenos de tamaño), porque calidade téñena e sobrada. O caso e que o seu formato, fai limitada a sua difusión, e ainda que agardo que algún día o autor faranos o favor de xuntalos todos nun libro, polo de agora, vou aproveitar a oportunidade que me brinda, pra que o blogue teña un toque de calidade.
Pois ben, diso tratarán estas entradas; falaremos de temas varios, dende un inventario eclesiástico, ata correspondencia entre obispado e concello, pasando por breves incursións de personaxes, como o meu admirado Xan dá Coba.
Non quero estenderme mais, intentarei que os sábados (sabedes que ás veces me leo coa programación, pero procurareino), sexan os días en que podades ollar estas entradas.
Grazas a Don Miguel Ángel pola súa amabilidade.

No hay comentarios: