Na miña mocidade soábame ese termo, "Caracochas", como o titulo dun libriño que había na casa propiedade do meu avó; o escribira don Álvaro de las Casas, en 1922, (realmente tratábase do libreto, dunha breve obra de teatro); tamén era o nome dun restaurante, que estaba na "Carreira dos defuntos", (Bedoia), e se non me equivoco, aberto polo bo do Manolo "Santa Maria", ou "Modanova".
Cos tempos, e debido ao meu gusto polos cogumelos, e demais fungos comestibles, souben que tamén se chamaba así a un tipo de cogumelo que sae nos carballos e castiñeiros, e preparado con cebola esta exquisito, aínda que tamén se pode comer cru, (para gustos...). E coido que tamén se chama así aos castiñeiros ocos.
Non fai moito descubrín que unha zona próxima a Montealegre, tamén se chamaba dese xeito, e o último foi decatarme, de que ese nome "As Caracochas", correspondía a unhas rochas, situadas precisamente nesa zona, o asunto é que tirando do fío, houbo quen me comentou, (non me atrevo a contradicilo, pero creo que deberedes lelo como algo que forma parte dunha lenda), que esas rochas servían de refuxio a "Pepa a Loba", cando realizaba as súas correrías por esta zona.

Boceto de debuxo propiedade de Don Antonio Cid Miranda

Relata as andanzas desta muller e a sua "gavilla" polas terras Galegas.
En Ourense falan dela como o terror das "Dilixencias" que ian a Castela, e na zona de Allariz, ou no Carballiño atopaban co fin do viaxe, e en moitas ocasions, da vida dos viaxeiros.
Tamen se fala de pazos asaltados, e certa inquina cara os cregos, os que visitaba con frecuencia nas rectorales; as lembranzas que se teñen dela, froito da tradicción oral, presentannola, coma unha clas de Robin Hood, ao xeito da Galicia rural.
No hay comentarios:
Publicar un comentario