Consejos y avisos

29/1/10

Breve historia dos Maristas Ourense II

O Colexio desenvolveu satisfactoriamente a súa actividade, como se manifesta no artigo procedente do Arquivo Diocesano, que se refire a unha visita do Excmo. Sr. Bispo o ano 1914, os seis anos da sua fundación.
O labor que desenvolvían os Irmáns Maristas, coa colaboración do Sr. Bispo, axudou en gran medida a paliar o gran problema de analfabetismo que reinaba non só en Ourense, senón en toda España. Ao mesmo tempo as clases de Comercio, como llas denominaban, permitiron que as familias de comerciantes da cidade puidesen conseguir que os seus fillos adquirisen uns coñecementos moi necesarios para poder seguir desenvolvendo a actividade familiar; é moi larga a lista de alumnos que posteriormente estiveron á fronte deses negocios, e obtiveron un recoñecido prestixio.

No 1918 o Alcalde Saco e Arce obrígalles a abandoar o edificio, para utilizalo como Hospital por mor da peste Gripal que arrasaba a Europa e en gran medida á cidade desde o ano anterior 1917.
Trasladan as suas aulas, durante un ano ao edificio que entre os seus muros albergou mais institucións de ensino na cidade, comezou sendo a sede dos irmáns da Compañía de Jesús, converteuse en Seminario, despois compartiu esa función, coa de Instituto, volveu ser só sede do Seminario, e na actualidade, esta a realizar as funcións que no seu día estaban previstas para o edificio do actual Goberno Militar, "residencia e retiro de sacerdotes" (na rúa de Lamas Carvajal) (son casualidades da Historia).

No hay comentarios: