Consejos y avisos
31/1/10
Un bo día para ir o cine
30/1/10
Caderniños de Historia 0
29/1/10
Breve historia dos Maristas Ourense II
O Colexio desenvolveu satisfactoriamente a súa actividade, como se manifesta no artigo procedente do Arquivo Diocesano, que se refire a unha visita do Excmo. Sr. Bispo o ano 1914, os seis anos da sua fundación.
O labor que desenvolvían os Irmáns Maristas, coa colaboración do Sr. Bispo, axudou en gran medida a paliar o gran problema de analfabetismo que reinaba non só en Ourense, senón en toda España. Ao mesmo tempo as clases de Comercio, como llas denominaban, permitiron que as familias de comerciantes da cidade puidesen conseguir que os seus fillos adquirisen uns coñecementos moi necesarios para poder seguir desenvolvendo a actividade familiar; é moi larga a lista de alumnos que posteriormente estiveron á fronte deses negocios, e obtiveron un recoñecido prestixio.
No 1918 o Alcalde Saco e Arce obrígalles a abandoar o edificio, para utilizalo como Hospital por mor da peste Gripal que arrasaba a Europa e en gran medida á cidade desde o ano anterior 1917.Trasladan as suas aulas, durante un ano ao edificio que entre os seus muros albergou mais institucións de ensino na cidade, comezou sendo a sede dos irmáns da Compañía de Jesús, converteuse en Seminario, despois compartiu esa función, coa de Instituto, volveu ser só sede do Seminario, e na actualidade, esta a realizar as funcións que no seu día estaban previstas para o edificio do actual Goberno Militar, "residencia e retiro de sacerdotes" (na rúa de Lamas Carvajal) (son casualidades da Historia).
28/1/10
A "estación" de Autobuses
Chegou un momento, no que a principal via da cidade, a estrada Vigo- Villacastín (rúa Progreso), non podia seguir utilizandose como o apeadero da cidade; durante moitos anos, as dilixencias primeiro, e os "carritos" despois, tiñan en Bispo Cesareo, a sua principal parada da cidade.27/1/10
Os alumnos da "Academia Villar"
26/1/10
Rúa da Burga
Sei que esta entrada a máis dun puidésevos resultar estraña, pero ser, é así. Fai tempo que teño esta fotografía, no meu arquivo, é unha das que me prestaron no Etnolóxico de Ribadavia, e ata agora, fun postergando a súa publicación, por unha razón persoal.A pesares de gustarme tanto as fotografías antigas da cidade, algunhas, e este é o caso, fanme sentir maior, que non vello; a outros vos pasara con outras imaxes, supoño.
Dende o meu punto de vista, non fai tanto tempo, que se obtivo esta imaxe, xa que para min era algo cotián, e que aínda teño próximo na memoria; ver esas casas, sempre a piques de caer, (pero que voluntariamente nunca chegaron a facelo), e se vos fixades ben eses animaliños que se dirixían de forma altanera, cara á súa residencia, o baixo da casa que os meus amigos os "Giles", tiñan nese lugar, as pitas non eran precisamente o máis estraño que podías atopar por alí, (o fin e ao cabo puidese ser que estivesen facendo un ben social, ...máis ben culinario), recordo e a miña memoria é moi mala, un mono, varias serpes, algún paxaro hoxe protexido, gatos variados, e algún can, en concreto coido que eles lembran con agarimo a unha bulldog chamada Dolly, á que eu non lle tiña tanto agarimo como eles, pero bo xa me desviei da entrada.
O asunto é, que eiquí tedes as casas que máis tempo conseguiron resistir nunha zona tan representativa da cidade, se non me equivoco, foi a comezos da década dos 80, cando eses balcóns con tipoloxía tan ourensá, deixaron de adornar a zona, substituídos por un edificio dende logo máis funcional e práctico, pero que non realza precisamente as nosas "Burgas".
25/1/10
Quebracús
24/1/10
Conde Corbal - Vicente Risco
O venres no Museo Municipal, tiven a oportunidade de asistir a inauguración dunha exposición excepcional; tratase de volver mostrar a fusión de dous ourensáns, dos que facian gala precisamente de eso, de "ourensanismo".
Co gallo da exposición, sae a luz tamén o libro, "O Ourense de Conde Corbal e de Vicente Risco", reedición do "Ourense perdurable", que xa coñecedes, no cal podedes disfrutar dos grabados, de Don José Conde Corbal, cos textos de Don Vicente.23/1/10
Os Romero Pelaez (Carmiña Romero)
22/1/10
Salesianos 1950
Como vos prometin fai unhas horas, eiqui tedes outra das fotografías cedidas por don Francisco Méndez, nesta ocasión tratase dun grupo de alumnos dos Salesianos, no ano 50, supoño que il andara por ahí; o que podedes intentar e decirme quenes eran os que seades quen de recoñecer; o amigo Secundino, e Manolo Dominguez, que fagan un esforzo, e voten unha mán.Natación nos 50
21/1/10
As Caracochas

Se vos gusta este tipo de historias ou lendas, tedes un magnífico libro de Carlos G. Reigosa, que aínda que non confirma a estancia do personaxe nese refuxio, penso que vos vai a gustar.20/1/10
A Estación de Canedo
Espero que compartades comigo, a idea de que esta fotografía ben podería ser un fotograma dunha película francesa dos anos 50, incluso a que podedes ver ao final da entrada podería ser outra escena desa película.
Móstrovos estas fotografías e este debuxo, para dar as grazas, por unha banda a Don Pastor Fabrega, quen me prestou estas imaxes, e unhas cantas máis, todas obtidas polo seu pai, quen e evidente que tiña boa man para a fotografía, poderedes valoralo en proximas entradas que farei con fotografías artisticas da sua producción; e por outra banda, a Don Francisco Boluda, que conseguiu recuperar coa súa habilidade para o debuxo, a fachada da estación.
De paso gustaríame recomendarvos que visitedes a web dos Carrileiros, (tedes o enlace á dereita), pero tamén que se podedes, acheguédesvos ás súas instalacións (situadas na rúa dá Canle, a continuación dos edificios do Auditorio), onde poderedes gozar do seu museo do tren, e se non chove, ata poderedes ver funcionando algunha das súas preciosas maquetas ferroviarias.19/1/10
Xardins Bispo Cesareo (por Xesta)
Por fortuna, e sinceramente agradézoo, ultimamente estou recibindo colaboración dos meus amigos, nesta ocasión, Juan Valencia, envíame esta imaxe, e acompáñaa co que perfectamente se pode considerar o comentario, eu non o faría mellor, polo cal aquí tedes o texto tal e como mo remitiu.“Achégoche, un debuxo realizado por Don Juan Fernández Pérez, de como sería a chamada "Horta do Concello" no último terzo do século XIX. Este debuxo pertence a un traballo do mesmo autor, pertencente ao Grupo de Colaboradores "Marcelo Macías", publicado no Boletín do Museo Arqueolóxico Provincial de Orense, no seu Tomo I - Ano 1943 ( Imprimiuse o 25 de Marzo de 1944 nos talleres de "A Rexión"). No mesmo detállase a composición de devandita praza, a actual Praza do Bispo Cesáreo, o que nela estaba construído e o que nela se vivía”.
18/1/10
A torre da Igrexa (2º convento dos Franciscanos)
Faleivos esoutro día, do libro de don Alvaro de las Casas, e hoxe poñovos unha das imaxes que a ilustran.17/1/10
"La Trinidad"
Hoxe e domingo, e na miña casa habia o costume de ter un postre especial neses días; a cercania deste negocio, facia que fora moi sinxela a decisión, e raro era non botar un "borrachiño", o unha "milhojas", (en galego soame mal, que queredes que vos diga), o bandullo. Xa sei que algun dos meus lectores non coinciden nos gustos, pero ese e un problema deles, e eu respeto a sua decisión, as cañitas estaban moi ben e o tocinillo tamén, por non falar das Mokas, pero e que cada un ten os seus vicios.16/1/10
"Dos días en Orense" Alvaro de Las Casas
No ano 1928, publicouse este fantastico libro, no que Don Alvaro de las Casas , dramaturgo, poeta, e historiador, describenos a sua cidade de nacemento.15/1/10
Axuda para os Haitianos
Como se adoita decir, neste caso chove sobre mollado, e a situación da población Haitiana e desesperada.
"Liga de amigos de Orense"
Fai non moito tempo, por mor dunha fotografía que publiquei de Santiago Mosquera, na que aparecían uns cabaleiros pousando en grupo, na Rúa do Instituto (Lamas Carvajal), varios amigos, informáronme da existencia dun grupo de notables, da cidade, que se coñecían como "Liga dos amigos de Ourense".
Aparte dos que saen na fotografía, (que están todos identificados), formaban parte desta asociación, cidadáns como don Amador Villar, O Sr. Otto Bodmer, e algúns máis que estou pendente de confirmar.- 1.- Don José F. Gallego.
- 2.- Don Antonio Malingre.
- 3.- Don Fernando M. Monje.
- 4.- Don Celso Ferro.
- 5.- Don Alejandro R. Covelas.
- 6.- Don Enrique Enriquez.
- 7.- Don Fermín García.
14/1/10
Esta si era a Avenida Wilson
Non vos quero enganar, e realmente xa non tiña ese nome a rúa cando se fixo a fotografía, o nome mudou a Curros Enriquez, no ano 1925, e a fotografía foi feita polo Sr. Fabrega no ano 1949, (recoñezo que resultame orixinal ese nome, para unha rúa ourensa, ese e o motivo de volver poñelo).13/1/10
Plano do 1948
Doroteo Calonge, no seu libro "Los tres conventos de San Francisco de Orense", ano 1949, co gallo de facilitar a identificación das diferentes ubicacións dos conventos que a orde de San Francisco tivo na cidade, elaborou iste croquis parcial da cidade.12/1/10
A clinica de don Atilano
Moitos dos meus amigos, lembran persoalmente a don Atilano (vaiche ser cousa de idade...), pola miña parte, somentes lembro (e dun xeito vago), o edificio da rúa Progreso, (onde hoxe esta un, que non sei quen lle deu o "premiso" para as alturas..).11/1/10
Atletas dos 50
Andaba a revisar unas fotografías do album familiar, e atopei unhas cantas do meu tio Manolo, e os seus colegas, na sua xuventude.
Botandolle un ollo as imaxes, veulleme o "magin", unha reflexión, como e posible, que daquelas, se fixera deporte?, estarian tolos?.
- as zapatillas, non tiñan suspension, eran de tela, cando non tiñan que usar os zapatos de sair os domingos,
- as camisetas non tiñan microfibras transpirables, eso si eran de algodon, e cando sudabas levabas un pouquiño mais de peso, xa que enchoupaban a auga,
- as pistas de tartán, non sabian o que era, as deles eran de terra, cando non tiñan coyos no medio
- as colchonetas de salto, que e eso?. a ver quen era o Sergei que se deixaba caer dende 6 metros o chan.
Bo deixaereino xa, o tema e que con eses marabillosos medios, practicaban deporte de "alta competición", e hoxe ...?.
10/1/10
A ver se podedes convencelos
Eu non sei que mais podo dicirlles; estes parentes meus, din que queren irse a pasar o día a Lugo, están estreando vehículo.9/1/10
"Espiñas Follas e Frores"
Teño un pouco esquecido a don Valentín, e non é precisamente por gusto, confeso que forma parte do selecto grupo de Ourensáns que máis admiro, (un día destes presentareivos o meu ranking, para que me deades a vosa opinión).8/1/10
Si non volo digo....
7/1/10
Mais agasallos
A entrada de onte, falaba de agasallos recibidos; a de hoxe refírese a agasallos que con toda probabilidade poderemos todos gozar durante o 2010.6/1/10
Os agasallos dos Magos
5/1/10
Carta aos Magos de Oriente
Posdata, aínda non recibín o libro de Gulías, que pedín a outro Mago fai uns días, se o vedes por aí...
























