Consejos y avisos

11/3/09

Primer Aniversario Ourense no Tempo

Esta entrada serve para celebrar, xunto coa de mañá, o primeiro ano de existencia deste blogue.
Gustaríame poder pór unhas fotografías con mellor calidade, e sen carteliños, pero os inconvenientes de Internet son moitos, e os propietarios de moitas fotografías, queren saber o uso que se fai delas, a pesar diso, e con esta mala calidade creo que merecen a pena, non se copian ben, pero vense ben.
Ano 1932 Circulo católico de Obreiros fotografía propiedade de D. Joaquin Fernandez
"Antes dos anos 40, á esquerda do Goberno Militar, levantábase, un pequeno chalé, se os meus informes son correctos, propiedade dos Igrexas, cara ao ano 1909, paso a ser sede do Circulo Católico de Obreiros,
Estas son as duas millores imaxes que atopei do Refuxio.
non me consta en que data, pero parece ser que ao redor dos anos corenta, "caeu" para levantar outro edificio de estética similar, aínda que con mais volume construtivo, posteriormente posiblemente finais dos 50, comezos dos 60 , decidiuse a súa eliminación
Pouco, pero vese un anaco do Taller "Moises" en color, e da perfumeria e o taller en branco e negro.
ou polo menos a súa transformación en "algo", que albergo un taller mecánico "Moisés", e unha perfumería "Suevia".

Para rematar, na actualidade, poderedes recoñecer na última fotografía o edificio do Banco de Santander que ocupa ese espazo da cidade".
Esta entrada como moitas das que farei de agora en diante, ten truco, no texto, e nalgunha fotografía, faltan datos, (que me conste non hai nada incorrecto), pero si que vos podo asegurar, que faltan obxectos nunha fotografía, e no texto é evidente que faltan datas máis exactas, (por exemplo).

Se me di alguén o que falta, colgarei de novo esa fotografía incompleta, e esta vez completa e con mellor calidade.
Aproveito para dar as grazas aos máis de 2800 I.P. diferentes, que ao longo deste ano, fixeron máis de 31000 veces clic nalgunha das máis de 350 entradas da páxina, ou das máis de 550 fotografías.
E sobre todo aos case 100 colaboradores, (algúns aparecen co seu nome, outros non quixeron), que me permitiron publicar todas estas xoias que gardaron para os Ourensáns.
A todos GRAZAS.