Consejos y avisos

6/3/09

A construcción da Torre

Torre.
A mediados dos 60 o proxecto do Sr. Alés Reinleim, auspiciado por Caixa Ourense, xa podiase contemplar, faltaba darlle o acabado, pero a estrutura xa era unha realidade que asombraba aos ourensáns, aínda a data de hoxe segue e esperemos que siga sendo, o edificio máis alto da cidade.
Esta fotografía mostra o que o amigo Manuel Domínguez Quiroga denomina no seu mapa interactivo, (ligazón á dereita con http://www.canedo.eu/ ) "frenesí urbanístico".
Xunto coa torre esta zona da cidade viu como se cubría o seu chan de grandes edificios, aí tedes en obras o da esquina de Bedoya co parque, en Habana, eran tres ou catro os que se levantaban, en Sáenz Dez máis do mesmo.
Pero o que me gustaría que atraese a vosa atención é a esquina inferior esquerda da fotografía; á esquerda do edificio da actual Delegación de Defensa, vese unha pequena casa de escasa fachada, gustaríame que mo confirmásedes, porque os meus datos non me cadran nalgún punto, explícovolo:
á beira do edificio da D.D. (anteriormente Maristas, o día 12 ensinareivos unhas fotografías mais especificas da zona), estaba o "Palacete", segundo os meus datos, dos Iglesias, foi Circulo Católico, e Refuxio do Sagrado Corazón, o problema téñoo en que me consta que aos lados de este "Palacete", estaba instalado, á dereita o taller mecánico de "Moisés", e á esquerda a Perfumaría "Suevia", con todo teño entendido que cando se edifico o actual edificio do Banco Santander, no solar só había un edificio, e sempre pensei que era o Refuxio do Sagrado Corazón, na fotografía podedes ver que nesa esquina esta o que eu supoño é o taller.
Resumindo, gustaríame que algún de vós puidese dicirme a cronoloxía dese solar.

No hay comentarios: