Consejos y avisos

13/3/09

A fonte da Praza do Ferro

Xa volo advertín, esta praza sairá en máis ocasións para lucirse no blogue, teño pendente unha entrada da casa recentemente desaparecida da ferraxería "Blanco Vega", (arquitectura típica galega). Hoxe visítanos pola súa preciosa fonte.
Fotografía propiedade de Ricardo Blanco.
O seu nacemento remóntase ao século XVIII, nos xardíns do mosteiro de San Esteban de Ribas de Sil, (non en Osera, como por erro algunhas fontes citan), e o seu asentamento na Praza, aproximadamente nas postrimerías de 1856, ou comezos do 1857.
Posiblemente a súa construción inicial, coincidiu coa reforma do "Claustro dos Bispos" no ano 1722, o seu estilo é Barroco e forman a súa decoración sirenas, cariátides, Eros, e dúas aguias que rematan a columna, ten dous pratos, a parte do vaso inferior.
O seu traslado produciuse como unha consecuencia da desamortización de 1835, (Mendizábal).
Sen data exacta de terminación, o que é coñecido e o carpinteiro que recibiu o encargo da súa colocación na Praza, Don Manuel Varela.
Coido que é das poucas, que non sufriron traslados posteriores, aínda que se se produciron modificacións no chan que a rodea, nalgunha fotografía se vos fixades, vense diferentes niveis nos chanzos que a rodean.

No hay comentarios: