
Fai unhas escasas entradas, fáleivos das empresas de autocares na rúa Doutor Fleming, para aderezar o comentario, do bo do "Labandeira".
Hoxe tráiovos, non ha alguén que viviu esa etapa da historia da cidade, senón, un local onde se viviron moita desas historias, o Bar Gómez, situado enfronte á entrada das galerías Roma, segue mantendo a estética e as instalacións daquela época, o seu actual propietario, Avelino Vázquez, a conseguido non sucumbir ás modas, e á marxe da inevitable Televisión, (que a parroquia, os partidos quere velos en cor), nada cambiou, á conta de dispor de menos espazo para a clientela, o despacho de billetes dos Autocares Gómez, segue disposto para despachar os billetes, e recibir os encargos para o chofer, a caixa rexistradora segue esperando pesetas e volta de manivela, para responder co seo soniquete Rraaas, Rassss, (aínda que tamén se viu obrigado a pór unha nova, pero discreta).
Realmente, ao cruzar por esa porta paréceche que en calquera recuncho pode estar tomando un vaso coa súa tapa o Charleston, antes de irse para a praza maior a pór en marcha o seu negocio, ou que nalgunha mesa poden estar botando a partida o Telas e o Taboada con algún inxenuo que terminase pagando o vaso, e se cadra o bocadillo, iso se como se escoite o ruxir do autobús, todo quedase deserto, o traballo é o primeiro.
Non eles xa non paran por alí, a inmensa maioría deles cambiaron de destino, pero por sorte e grazas a Avelino, moitos Ourensáns, podemos tomar un café nese ambiente e recordar outra etapa, posiblemente nin mellor nin peor, só diferente.
A fotografía é unha mala montaxe, pero é que as miñas habilidades son escasas, pido perdón por non saber facelo mellor, pero vos recordo que acepto de bo grado as colaboracións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario