Consejos y avisos

12/3/09

Paco Ropero

Paco Paco!
A ignorancia, e o tempo en ocasións forman alianzas, e xente que no seu momento supuxo unha magnificá promoción, neste caso para Ourense, cae no esquecemento.
Explícome, a ignorancia, porque máis dun dos que aínda se acordan das súas cancións, Taka Takata, (kátaka, taka tá), Ole España, Caramba Ramón, etc., pensan que o seu compositor é un andaluz; e o tempo, porque, é inexorable, e non respecta nin éxitos, nin persoas.
Para que non queden dúbidas hoxe visita o blogue, un xoven Ourensán de nacemento como el recoñece, PACO PACO, Francisco Ropero Gómez (Ourense 1945), pero mellor que as miñas letras, serán as súas, aquí déixovos un enlace á páxina onde poderedes ler os seos devenires, e ata escoitar as súas cancións.
Un recordo para el dende a súa terra.


No hay comentarios: