Consejos y avisos

Este viernes dia 15 y hasta el dia 8 de enero comienza el periodo navideño en OurensenoTempo y Ovrense. Durante esos días al margen de alguna posible sorpresa, solamente tendréis las publicaciones en el diario La Región (los sábados) y el primer domingo de enero en el suplemento Gente Mayor, así como mi colaboración habitual en el especial Nochebuena.
A TODOS MIS AMIGOS Y LECTORES
FELIZ NAVIDAD

Mail ourensenotempo@hotmail.com

31/5/10

Don Ramón e o mitín no Ferro


Non é habitual neste blog, que de xeito tan seguido apareza o mesmo personaxe, ou se fale del. Pero as circunstancias fixeron que Don Ramón se vexa involucrado na de onte, pola festa Bela Auria, (aproveito para felicitar a Martinho e Brais, polo seu impagable esforzo); e na de hoxe por culpa do profesor Afonso Vázquez Monxardín, que me fixo chegar esta imaxe, e non puiden evitar facer esta entrada.

Carlos Casares no seu libro "Otero Pedrayo conciencia de Galicia", menciona un dos recordos de Don Ramón de neno:
"Sabemos que as primeiras lembranzas do pequeno son imaxes dunha multitude de xente amoreada na veciña Praza do Ferro escoitando un discurso patriótico do coronel "Tacones" contra os mouros durante a chamada guerra de Melilla."
Fálanos tamén de xoguetes, risas (escasas) e complicidade co seu amigo Vicente (todo isto xa se escribiu nalgunha ocasión neste blog, e algún día procurarei amplialo; ata poida que móstrevos imaxe dun deses sinxelos xoguetes, que conseguiron pervivir grazas ao agarimo que lle tiñan ao patriarca persoas da súa contorna, que sempre souberon valorar eses preciosos recordos, insignificantes para moitos, pero evocadores para outros).

A fotografía de hoxe quere facernos imaxinar a un Don Ramón neno, que entre asustado e sorprendido escoita o murmurio do xentío na praza do Ferro, dende o balcon da sua casa na rúa da Paz; que sabia el daquelas, de mouros, coroneles, Jaimistas, Albistas, Conservadores, Agraristas e demais historias??. Pero dalgun xeito, estas manifestacions, cotiás nesa ubicación foron forxando a personalidade daquel rapaz, que hoxe admiramos.

Non podo confirmar se a fotografía era do mitín do Coronel Tacones, pero a todolos efectos, ben vale pra lembrar a Don Ramón.

No hay comentarios: