Consejos y avisos

7/5/09

Don Ángel Ferrín Moreiras


"Colexio Modelo"
Don Ángel Ferrín Moreiras abriu a súa famosa academia na rúa de Reza alá polo 1903?, (primeira data da que temos constancia), a súa paixón e entrega polo ensino converteu ese centro nunha factoría de personalidades da cidade. Polas súas aulas pasaron xente como Don Sebastián Martínez-Risco, ou Don Eugenio Montes.
Para Don Ángel ser "Mestre" (que o era), supuña un privilexio, (aproveito para incluír aquí algo que lin fai xa bastante tempo, e considero acertado: "Mestre é o que ensina e educa a todos os seus alumnos, Profesor é o que ensina aos alumnos que queiran", sutís diferenzas, pero de vital importancia; no texto facia alusions tamen as diferentes visions economicas, pero preferin omitilas por non ferir sensibilidades).
Das instalacións da rúa de Reza (onde se realizou a fotografía que vos mostro) , trasladaouse á rúa do Alba, actual Cardeal Quiroga ao redor do ano 1920, e alí continuo o seu labor educativo mentres as forzas permitíronllo.
Unha lenda urbana, dicía que os alumnos de Don Ángel , ao terminar os seus estudos, tiñan as orellas máis grandes da capital, e creo que podo demostrar con imaxes que non eran máis que comentarios de malas linguas, esta imaxe que hoxe vos traio, móstranos a don Anxo acompañado de Don Caturio (O Ruso), profesor de matemáticas, co grupo de alumnos no 1914, opinade vós.
Nunha próxima entrada mostrareivos a un grupo só de maiores o ano 1925, e poderedes completar o estudo.

Foto Fernández


Foi un dos últimos fotógrafos de rúa que tivemos na cidade, a sua andaina correu toda a decada dos sesenta, e nos setenta foi dos que mais aguantou, como xa vos comentei noutra entrada, o seu posto de traballo variaba de lugar, en función dos eventos, novidades e festexos.
Os domingos polo xeral atopábaselle, nos Xardinillos do Padre Feijoo, agardando os paseos das familias, na saida da misa, a non ser que ese día coincidisen moitos profesionais, que entón se desprazaba aos Xardinillos de Bispo Cesáreo, ou ao paseo da Alameda que tamén eran puntos de lecer dominical.
Outra das súas especialidades, eran os colexios, as festas escolares sempre eran un bo momento para cazar unha instantánea interesante, pero o máis lucrativo para eles eran as celebracións familiares, as vodas e bautizos eran os actos máis cotizados, entre outros motivos, porque aparte de cobrar polo seu traballo, o normal era que o fotógrafo compartise banquete coa familia.
Como puña no seu selo, o seu estudo era en Marcelo Macías 24, pero pouca era a xente que se desprazaba alí, era el quen ía á dirección dos clientes, para entregar os traballos ou realizar algún encargo.
Aos poucos mostrareivos á maioría dos seus colegas, grazas a eles temos moitas imaxes que recordar

6/5/09

La Emprendedora (A Rua-O Bolo)

A melloría das comunicacións viarias, fixo prosperar ao sector do transporte por toda a provincia, e en moitas vilas creáronse empresas de transportes, tanto de mercancías como de viaxeiros.
Unha delas foi a empresa "La Emprendedora", fundada polos "Murgas" na Rúa alá polos anos 30, aquí tedes dous dos vehículos da súa flota, (non eran moitos mais ), un de mercancías, e outro mixto, nestes últimos tiñan que acomodarse, viaxeiros, mercancías, e en moitas ocasións o gando miúdo camiño da feira, algunha galiña, e coello tivo que sufrir as miradas dalgún famento viaxeiro, que coa imaxinación xa os vían, ou ben en pepitoria, ou á cazuela, a segundo as gustos.

Teredes que disculpar a miña aficción por retocar algunha ímaxen, teño que practicar maís.

A fonte do Bispo

Museo Etnolóxico de Ribadavia Ourense
Dende pequeno escoitei falar desta fonte, non por que existira, senon porque chamabanlle así, as fincas que estaban debaixo da actual Avenida de Portugal, hoxe toda esa zoa e o parque Barbaña.
A causa loxica, supoño que seria por haber sido esta a ubicación desta fonte.
Despois de moitos anos, conseguin ollala, e sinceramente fixerame outra idea, así como a fonte do Rey ten o escudo do Rey, esperaba que a do Bispo, fora un pouquiño mais traballada.
Terei que supor, que o nome se debe a que o Bispo, facilitou a sua construcción, pero coma a mín gustaballe vivir no "economato".

5/5/09

Los Posters III

Puxenvos xa duas fotografías destes cabaleiros do rock Ourensan, e naide foi quen de darme datos deles; en vista deso, vouvos por duas das suas cancions, que chegaron a converterse nun vinilo, non foi o primeiro, pero penso que eles son o primeiro grupo de Ourense, que conseguiu sacar dous discos o mercado.
Do primeiro tedes a portada na primeira entrada, e do segundo eiqui vos deixo as duas cancions que tiña.
Un dato antes de que escoitedes a sua musica, Los Posters foi o nome comercial que lle recomendou a discografica o chegar a Madrid, eles en Ourense comenzaron co tetrico nome de "Los Dráculas", falamos do ano 65.