"Colexio Modelo"
Don Ángel Ferrín Moreiras abriu a súa famosa academia na rúa de Reza alá polo 1903?, (primeira data da que temos constancia), a súa paixón e entrega polo ensino converteu ese centro nunha factoría de personalidades da cidade. Polas súas aulas pasaron xente como Don Sebastián Martínez-Risco, ou Don Eugenio Montes.
Para Don Ángel ser "Mestre" (que o era), supuña un privilexio, (aproveito para incluír aquí algo que lin fai xa bastante tempo, e considero acertado: "Mestre é o que ensina e educa a todos os seus alumnos, Profesor é o que ensina aos alumnos que queiran", sutís diferenzas, pero de vital importancia; no texto facia alusions tamen as diferentes visions economicas, pero preferin omitilas por non ferir sensibilidades).
Das instalacións da rúa de Reza (onde se realizou a fotografía que vos mostro) , trasladaouse á rúa do Alba, actual Cardeal Quiroga ao redor do ano 1920, e alí continuo o seu labor educativo mentres as forzas permitíronllo.
Unha lenda urbana, dicía que os alumnos de Don Ángel , ao terminar os seus estudos, tiñan as orellas máis grandes da capital, e creo que podo demostrar con imaxes que non eran máis que comentarios de malas linguas, esta imaxe que hoxe vos traio, móstranos a don Anxo acompañado de Don Caturio (O Ruso), profesor de matemáticas, co grupo de alumnos no 1914, opinade vós.
Nunha próxima entrada mostrareivos a un grupo só de maiores o ano 1925, e poderedes completar o estudo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario