Consejos y avisos

5/3/15

O “RAID” DO PLUS ULTRA, 1926. por Emilio Rodríguez Portabales (2ª entrega)

O PLUS ULTRA, nun despegue
fotografía da colección do exercito do aire Español.

   Por fin, o mércores 10, vai ter lugar a gran manifestación popular. “La Zarpa” publica que comezará ás seis da tarde na praza Maior con salvas de bombas anunciando a saída:


   La manifestación se dirigirá por las calles del Instituto [actual Lamas Carvajal], Paz Nóvoa [actual Paseo], Luis Espada [actual Alejandro Outeiriño] y Progreso hasta el domicilio de los hermanos del valeroso jefe del Plus Ultra, Dª Pilar Franco y D. Alfonso Jaraiz.

Frente al Consulado Argentino las músicas ejecutarán el Himno nacional argentino.
Abrirán la marcha varios automóviles de la localidad.
Irán después los Exploradores.
A continuación seguirá la Banda Popular.
Los coros gallegos De Ruada y Os Enxebres.
El orfeón Unión Orensana.
Representaciones de las sociedades recreativas, Cámara de Comercio de la provincia, profesores y alumnos de todos los centros docentes de la capital, comisiones del Gobierno Militar, Cabildo, Caja de Recluta, dependientes de comercio, Batallón de Mérida, Ayuntamiento y demás organismos oficiales, etc., y el pueblo en general.
Cerrará la manifestación la banda del Batallón de Mérida.
    Ademais, dende a primeira páxina de “La Zarpa” prégase á veciñanza que engalane os balcóns con colgaduras, bandeiras e iluminacións especiais. Remata anunciando que a manifestación disolverase no seu destino da rúa do Progreso e que, posteriormente, o xefe dos Exploradores ourensáns, D. Julio García, dará unha conferencia sobre a viaxe do Plus Ultra nos locais da citada organización.

   “La Zarpa” do día seguinte, 11 de febreiro, dedica case toda a primeira páxina á manifestación do día anterior. O xornal agrarista ourensán dá conta do interese que todo o pobo manifestaba por seguir puntualmente a chega a Buenos Aires do Plus Ultra. A redacción de “La Zarpa” era un fervedoiro de xente interesándose polas últimas noticias, tanto procedentes do telégrafo como de teléfono e dun aparato de radio Telefunken posto a disposición do xornal polo Sr. Alvargonzález. Por fin chegou a noticia de que o hidroavión amarara no porto de Buenos Aires ás 15,45 horas.
   Inmediatemente soaron as campás de tódalas igrexas, estouraron ducias de bombas e comezaron a saír homes, mulleres e nenos aos balcóns e á rúa. Deseguida, o domicilio do matrimonio Jaraíz-Franco foi visitado por numerosos amigos e autoridades: o Sr. Bispo, D. Florencio Cerviño González, o Gobernador Civil, D. Salustiano Muñoz Delgado, a Sra. Marquesa de la Atalaya Bermeja, Dª. Ángela Santamarina Alduncín, viúva de Temes, ...

Edificio da rúa Pereira  (actual Avenida de Pontevedra), esquina coa praza Maior, onde tiña o seu domicilio social o Coro De Ruada, engalanado para a ocasión. [Foto: Arquivo da CDR].

   O coro De Ruada -que engalanara profusamente o balcón do seu domicilio da rúa Pereira con bandeiras, follas de palma, métopas, escudos e lucería (cunha composición central de lámpadas eléctricas na que se podía ler Viva Franco)- tamén acudiu a cumprimentar á parella ao seu domicilio ofrecéndolles na azotea do mesmo varios números do seu repertorio e unha copla especialmente composta por Xabier Prado “Lameiro” para a ocasión, que comezaba:
   Anduriña de Galicia,
anduriña ferrolán:
si Dios che conserva as áas,
moito España voará.


   Despois de De Ruada subiu a Banda Popular que tamén interpretou varias pezas. Ámbolos dous grupos foron esplendidamente agasallados polos homenaxeados con doces, licores e puros habanos.
Membros do Coro De Ruada nesa época (1927). A foto, que corresponde á primeira viaxe a Andalucía, está feita en Sevilla. [Foto: Pérez Pombal, publicada en Vida Gallega]

A manifestación, que se desenvolveu como estaba programada, foi un rotundo éxito. Foron moitos os balcóns engalanados, moitas as persoas que dende eles presenciaron a manifestación e moitas as persoas que se uniron á mesma para realiza-lo percorrido entre a praza Maior e o número 74 da rúa do Progreso. O ambiente era extraordinario e a música fíxose presente en todo o percorrido: primeiro a Banda Popular, dirixida polo profesor D. José González por atoparse enfermo o seu titular, o Sr. Rego, despois os coros galegos De Ruada e Os Enxebres que:



... dieron al acto un simpático tono de galleguismo, presentándose con sus trofeos y tocando y cantando alegres tonadas celtas con su gusto, gracia y enxebrismo habitual.

Despois desfilaba o Orfeón Unión Orensana e finalizaba a multitudinaria comitiva coa banda do Batallón de Mérida.


Chegados ao destino, o alcalde da cidade, D. Matías Bobillo Bobillo, felicitou á irmá e ao cuñado de Ramón Franco e dirixiuse á multitude dende o balcón do domicilio dos homenaxeados finalizando cos vivas de rigor: a Franco, a Galicia, a España e a Arxentina. Despois pregoulle aos presentes que se disolvesen dando por rematado o acto. Como xa quedou reflectido, D. Julio García, ofreceu unha conferencia sobre a viaxe do Plus Ultra nos locais dos Exploradores ourensáns.

Aínda haberá unha nova conferencia sobre este acontecemento o sábado, día 12, pero esta vez “por decreto”, ou mellor, neste caso, por Real Orde. Así nolo conta “La Zarpa” do día seguinte:


 Por disposición del Gobierno según R. O. del 3 del actual, se dio ayer una conferencia en el salón de actos de la Escuela Normal de Maestras, sobre el raid aéreo de Franco en relación con el viaje realizado por Cristóbal Colón.
Por ausencia de la profesora de Geografía se encargó de dar esta lección la culta directora de este centro docente Dª. Leonor López Pardo, quien hasta hace poco explicó dicha asignatura. 

Nin que dicir ten que Dª. Leonor foi moi aplaudida ao remate da dúa intervención.

No hay comentarios: