Consejos y avisos

23/7/12

Ourense por Barrios X


   Pouco falta pra que sexan dous anos os de colaboración co periodico Ourense por Barrios, e levabamos un tempo sen reproducir o articulo de colaboración, o tempo de veran e bo pra facelo. Eiqui tedes outra colaboracion do AvO, co Ourense por Barrios. E nas proximas entradas veredes outras colaboracions que neste tempo apareceron na prensa ourensá.

O Asilo
O número 38 da rúa Hernán Cortés será a primeira ubicación do “Asilo de los Ancianos Desamparados”. Tres anos despois, concretamente o 23 de xuño de 1887, trasladarase ao número 20 da Estrada de Trives (hoxe Avenida de Buenos Aires).

   Popularmente, coñecíase como “Asilo de San Antonio”, porque, a este  Santo, patrón dos menesterosos (xustificación suficiente para tal nomeamento), se adicaba a capela que estaba integrada no conxunto da edificación. Hoxe, unha  praza  que leva o nome do Santo, ocupa parte da superficie da “céntrica” institución que foi trasladada a Rairo, vítima da especulación urbanística.

   En 1945 as “Hermanitas de los Desamparados”, realizan unha importante reforma do Asilo da Avenida de Buenos Aires incorporando ás instalacións entre outras melloras: un comedor de 60 prazas, unha enfermería con 14 camas, e sala de operacións e raios X.

   As dependencias completábanse cun cobertizo no espazo onde se levantou o Hotel Francisco II. Un muro de uns 4 m de alto impedía o contacto visual dende a rúa Bedoya.

   O solar dispuña de un fermoso xardín cunha fonte na parte central. Alí  o sol acariñaba por penúltima vez as facianas dos maiores no lugar onde se detía o reloxo da vida.
Arquivo visual Ourensán Fotografía de prensa.
Fotografo, descoñecido ano 1959
Texto Fernando Valcarcel
www.ourensenotempo.com


No hay comentarios: