Consejos y avisos

31/12/11

Abrindo o 2012 no AvO


Este ano preséntase complicado para todos, co cal seria conveniente buscar formas o mais económicas posibles de entreterse.
Por iso o A.v.O. proponvos: no mes de Febreiro, o día 9 para ser exactos, inauguraremos unha nova exposición no Museo Municipal.
A falta de titulo, adiántovos a temática, Os Centros escolares da historia Ourensana; aos quince días do seu peche, mais ou menos a mediados de marzo, coa colaboración dalgúns dos centros históricos que continúan exercendo o seu labor abriremos unha exposición especifica en cada centro; de momento confirmado Instituto Otero Pedrayo, Maristas, Salesianos e Josefinas, están pendentes Cisneros e Carmelitas. E si algún mais animase buscaremos a forma de facelo tamén.
Comezamos colaboración cunha nova publicación mensual Ourensana, Gou Magazine, na que esperamos poder presentarvos cada mes un artigo de historia da fotografía na nosa cidade.
Estamos a preparar un libro sobre un dos máis significativos estudios fotográficos de Auria, e acompañalo dunha exposición temática. (Aínda que se non mellora a economía, é posible que se pospoña un pouco).
O resto deixarémolo en plan sorpresa, que se non é moi aburrido.

As fotografías que vos mostro hoxe, déixoumas o amigo Lisardo Mazaira, e "veñen ao pelo", como se adoita dicir; a primeira para recordarvos que o sentido do humor, non se debe perder nunca, por certo, tomala como un regalo de reis xa que considero que é unha autentica xoia fotográfica; e a segunda, que queredes que vos diga, posiblemente resúltenos moi útil ter un coche de bombeiros a man, para apagar algún lume
Ojala que nos vaia bonito a todos.
Feliz Ano 2012


Lembrade ata o día 8 de xaneiro non garanto as entradas diarias.

No hay comentarios: