Consejos y avisos

17/12/11

Historias Menores 25 2011 M Á Gonzalez García

Entre os traballos que nos presenta Don Miguel Ángel Gonzalez García, atopase esta cortiña referencia a un dos primeiros fotografos que desenrolaron o seu arte na nosa cidade. 
Cando andaba nas pesquisas pra escribir o libro do Achegamento a historia da fotografía en Ourense, (que por certo agradezolle a deferencia para conmigo que ten neste traballo Miguel Ángel o citarme), os datos que atopei do Sr. Valés foron moi escasos, o igual que a maioria dos primeiros fotografos da cidade. Hoxe froito da busqueda que continuo a facer non e que sean moitos mais, pero os poucos algo  vai aparecendo. Carlos Santos "Garcia", Gervasio "Alonso Montenegro", Eugenio Mora, Martino, e algun outro continuan a presentar moitas lagoas na sua biografia; sen embargo grazas  a traballos como este, e as achegas que de cando en vez fan amigos como David Simon, Fernando Valcarcel, Pastor Fabrega o Lisardo Mazaira, seguro que esquezo algun, pero que me disculpe, son moitos os novos datos que temos da nosa historia fotografica.
Buscaremos a forma no futuro de darvos a coñecer o que quedou no tinteiro, e non chegou o libro; do 1940 en adiante, e de paso estas novas achegas.
Polo de agora disfrutade do traballo de Don Miguel Ángel (pra lelo e/ou descargalo facede)  Clic aquí  
Na portada do libriño, por un erro da imprenta, figura Valdés, pero o nome correcto e Manuel Antonio Valés.

No hay comentarios: