Consejos y avisos

23/10/11

OnT nos medios (Ourense por Barrios VIII)


AMARGURA
            A que hoxe coñecemos como rúa “Arturo Perez Serantes”, denominouse dende o ano 1850 “da Amargura”, e, descoñecéndose o porqué, poida que fora pola tortuosa subida que se vislumbraba dende a estrada de Trives (hoxe Avda. de Buenos Aires), ou, se cadra, porque, era, xunto coa Carreiriña dos Defuntos (hoxe “Juan Manuel Bedoya”), vía de acceso ao cemiterio de San Francisco.
            En marzo de 1955, a Corporación Municipal, aproba o cambio de denominación, polo de Arturo Pérez Serantes, recoñecéndolle deste xeito os “fructíferos” 11 anos ao frente da Exma. Deputación dende a que impulsou a creación da “Escuela de Comercio”, do “Hogar Infantil”, a ampliación dos servizos do desaparecido “Hospital-Modelo”, e, a mellora dos camiños e vías de comunicación  desta nosa cidade.
            Hoxe, un vello letreiro que desafía o paso do tempo, nomea como “Amargura” a canella sen saida á que se accede pola rúa San Francisco.
                O cambio de nome serviu para achegarnos a un ourensano de pro, pero, supuxo a ignominia doutra das denominacions “populares” do noso rueiro. Por todo elo, vémonos na obriga de cuestionar a desaparición do auténtico ao amparo da “modernidade”.
Arquivo visual Ourensán fondo M.E.R.
Fotografía propiedade do Museo Etnoloxico de Ribadavia
.Fotografo, Don Augusto Pacheco (anos 60)
Texto Fernando Valcarcel

No hay comentarios: