Consejos y avisos

27/10/11

A fotografía na Revista Nós (2)

Primeira portada de Castelao nº 10
 Á marxe da publicidade de José Samaniego que como xa vos comentei mantivose ata o numero 12; encontramos no n.º 7 unha fotografía do doutor Leonardo Coímbra, ilustrando dous artigos que se publicaron na súa honra a raíz dunha visita que fixo naqueles días a Galicia, (descoñecemos o autor da fotografía).

Terence Mac Swiney

No n.º 8 dedicado á memoria do alcalde de Cork, Terencio Mac Swiney, heroe da loita irlandesa, aparece a fotografía de Mr. De Valera, Eduardo; presidente da asemblea constituínte de Dublín e a do propio Mac Swiney, ambas as dúas de autor descoñecido.
A partir do número 9 comezan a publicarse os artigos sobre arqueoloxía asinados na súa maioría por Florentino López Cuevillas, e que habitualmente aparecen ilustrados con fotografías, as deste primeiro número pola firma que aparece en dúas delas, sabemos que son da autoría do fotógrafo e impresor coruñés Pedro Ferrer, quen probablemente con anterioridade tivese recibido o encargo de realizar unha reportaxe fotográfica dos monumentos da provincia de Ourense. As catro fotografías que aparecen neste número, son da mansión de Aquis Querquernis, e da Igrexa de Santa Comba de Bande.

Fotografía de Pedro Ferrer

Continua maña

No hay comentarios: