Consejos y avisos

10/10/11

A Industria de Rogelio Fernandez


Nova entrega do amigo Fernando, a que unicamente tiven que añadir a imaxen que tedes arriba, de unha das fermosas chapas publicitarias que se facian nos anos 40.

A Industria de Rogelio Fernandez (texto de Fernando Valcarcel).

En 1920, Rogelio Fernández González chega a Ourense con 20 anos dende o seu Bande natal. Establece a súa industria de construccións metálicas e calefacción no número 9 de Cardeal Quevedo, e, en 1932 múdase ao número 10 da mesma rúa.
Nos anos 30, o negocio da cerraxería metálica e fundición, auguraba un futuro próspero. Existían 24 talleres en Ourense, entre os que destacaban xunto ao de D. Roxelio, o de Severino Fernández Varela, no número 5 da rúa Liberdade, o dos irmáns Fraga en Cardeal Quevedo 8, ou, o de Manuel Malingre Lamas, no Couto.
Na fábrica de Cardeal Quiroga pàsase da elaboración de cerramentos verxas, vigas e materiais metálicos para a construcción a outros máis complexos como motocarrís, reductores de engranaxe, estruturas para a extracción de pozos mineiros e máquinas de elevación como grúas, cabestrantes ou pontes-grúa. Para tal cometido, precisaban un local de maior superficie,e , por elo transládanse á Estrada da Lonia. O esquelete desta instalación onde tantas veces se instalaou o circo segue en pé ao lado da residencia universitaria “As Burgas”. Os ABC de 1954 e 55, engrandecen este lugar degradado, acreditando un pasado mellor.


Fotografía aparecida en varias publicacions, e folletos publicitarios, do interior da fabrica da Lonia

No hay comentarios: