Poucas son as oportunidades que temos na actualidade, de conseguir unha imaxen orixinal, co sabor das de antes; nas festas xa non se atopan, e profesionais que poideran facelas, xa que os coñecementos sobranlle, como Lisardo Mazaira, prefire disfrutar a sua xubilación, algún dia de xeito puntual intentaremolo convencer de que nos faga unha demostración eiqui na cidade.
Polo de agora se temos o antoxo de facer unha destas fotografias, temos a opción de ir a Santiago de Compostela; fai anos habia un fotografo minuteiro na Herradura, que non sei se sigue por alí, o que si descubrin esoutro día, e que traballa un en Fonseca. Non vin que tivera fondos, que eran os que lle daban o ton festivo o tema, pero ainda así pode merecer a pena.
Usando unha desas imaxes como base, fixen unhas probas dandolle aspecto de "orixinais". Eiqui volas deixo por si vos gustan.

No hay comentarios:
Publicar un comentario