Consejos y avisos

8/5/09

A centralita de Fenosa e a batalla de flores

Fotografía propiedade de Don Marcial Feijoo.
Crux da Rúa Concordia (antiga estrada de Trives), con Progreso (A Carretera), grazas a Don Marcial Feijoo, como actor, e ao Sr. Cardoso como autor, temos esta imaxe, na que se pode observar a caseta da central de FENOSA, situada onde hoxe esta Bergio, e as casas que antigamente pechaban a entrada á hoxe rúa de Juan XXIII.
Aproveitando a imaxe, esoutro día unha amiga, comentábame que era unha pena que se perdera a tradición das batallas de flores, non, non me refiro a que non se fagan hoxe desfiles de carrozas nas festas, que si que se fan, refírome a que o costume que lle deu o nome á "Batalla" era que se cruzasen no percorrido as carrozas, e dunha a outra se lanzaban papeliños, cintas, flores feitas de papel, e algún que outro proxectil un pouco mais "ilegal", (polo que me contan de cando en vez voaba polos aires un oviño inocente, que facia impacto en algun "amigo"), realmente a miña resposta foi, que a día de hoxe sería moi complicado, por dous motivos, o principal a falta de espazo na maioría das rúas, para realizar o cruzamento, e doutra banda, hoxe non habería tanta xente disposta a dedicar o seu tempo, para confeccionar as flores de papel, e demais proxectís que se arroxaban, nos anos a que ela se refería, dende varios meses antes da celebración, a mocidade pasaba tardes e fins de semana enteiros dedicados a colaborar cos patrocinadores da carroza.

No hay comentarios: