Consejos y avisos

14/1/09

Xullo Prieto Nespereira (1896-1991)

Naceu en Ourense o 7 de decembro de 1896 na Rúa dá Porta dá Aíra, (Reina Vitoria), que hoxe leva o seu nome, comezou a súa carreira como pintor, pero o recoñecemento veulle polo gravado, técnica na que destaco a nivel internacional, colaborou coas revistas "Nós" e "Alfar" en Galicia, e a nivel nacional con "Blanco y Negro" e "La Billarda".
Foi obxecto de numerosos recoñecementos e premios á súa obra, e aínda que de xeito tardío, en Ourense (o máis difícil é triunfar na túa terra), recoñecéuselle o seu traballo nomeándoo fillo adoptivo da cidade, póndolle o seu nome á rúa que o viu nacer e mesmo a un Instituo E.S. no barrio da Ponte.
Contemporáneo de homes como Risco e Otero mantivo unha moi boa relación con eles, froito dela é a caricatura por el realizada a Don Vicente Risco, e a biografía sobre Don Xullo que Don Ramón escribiu.
Froito do seu amor pola música aos 23 anos, dunha reunión en "Vila Joaquina" (Avda. de Zamora), cos seus amigos Xabier Prado Lameiro, Virxilio Fernández, Fabriciano Iglesias Abella e Cesareo Eire Santalla, prodúcese a creación do Coro de Ruada (Coral dá Ruada) era o 5 de Outubro de 1918 pouco despois constituiríase a primeira xunta de goberno na que figuraban nomes como Risco, *Xesta, Lameiro e Antonio Saco e Arce.
Boceto publicado na revista "La Billarda", e caricatura definitiva de D. Vicente Risco

Gravado da colección de Caixa Nova (Os soportais da Praza do Pescado, hoxe das Damas)
Hai pouco, grazas o acordo entre a súa filla Dona Esther Prieto, o Alcalde da cidade Don Francisco Rodríguez e o Presidente da Deputación Don José Luís Baltar. Abriuse unha sala permanente no museo municipal que acolle parte da súa obra e recordos.

No hay comentarios: