Consejos y avisos

31/1/09

Se recoñecedes a alguén dicirmo

Pido desculpas aos meus estimados lectores, por non publicar ningunha entrada no día de onte, e tardar tanto coa de hoxe, pero vos recompensarei, e ademais teño escusa, aproveitei un desprazamento que tiña que realizar á cidade Olivica, para visitar a un matrimonio encantador, (de momento non darei datos sobre os seus apelidos, porque os recoñecerías algúns ou todos vós) a miña visita ademais de extremadamente agradable para min, a resultado ser tremendamente frutífera para vós os que (supoño ) que gustaredes da fotografía e historia da nosa cidade como eu.
Publico estas dúas fotografías nas que aparece a dama que tivo non só a amabilidade de recibirme, senón que encima obsequioume con algunhas xoias que en entradas futuras mostrareivos.
Tamén lle dou as grazas ao seu esposo, o cal só ten un defecto, non é Ourensán (perdón pola broma), pero ten unha fotografía dun tal Sarabia, que pola prema do tempo, esquecéulleme copiar, puidese ser unha escusa para volver visitalos.
Non quero esquecerme de Dona Teresa Señorita de gran beleza e de baile grácil, bo ten que practicar un pouco, quizais no seu segundo aniversario xa poida facer esquecer a Nureyev.

Fotografía feita por Don Ernesto Schreck

Agora sen bromas, o meu mais sincero agradecemento a Dona África e a súa familia.

No hay comentarios: