Alameda
A fotografía pertence á colección particular de Don Antonio Cid Miranda (Cándido)
Esta fotografía si que require unha detallada observación, non tanto polo lugar, (que tamén ofrece unha imaxe singular ), se non polos personaxes que a poboan, fíxense nesa doncela de casa ben, (imaxínomo pola "cofia" que gasta); a panadeira que empuxa o seu carriño cargado de pezas de quilo, e algunha barra que se empezaban a pór de moda na cidade; os paisanos, que veñen de charla, empuxando a bicicleta, (nótase que ese tramo aínda que suave, é en subida).
Pero o mellor de todo é que van polo medio e medio da rúa, e a presenza dun flamante automóbil, nin os inmuta, (intentade facelo hoxe).
A zona xa a recoñeceriades, é o comezo da rúa Progreso debaixo da alameda do Cruceiro, (parque infantil), estábase procedendo ao desterro non se se para comezar as obras do Palacio de Xustiza, ou para iniciar a apertura da hoxe praza de Concepción Arenal.
Para non equivocarme datareina entre finais dos 50 e comezos dos 60.
No hay comentarios:
Publicar un comentario