Consejos y avisos

22/1/09

Outros veciños célebres

Con esta "case fotografía", (dígoo porque segundo dixéronme xente que coñecía ao retratado, o autor conseguiu reflectir fielmente a súa imaxe), quero comezar unha serie de entradas, que dubidei se incluílas na sección de veciños celebres, ou na deles fixeron e fan Ourense.
De remate decidín non se se erroneamente inclinarme pola segunda opción.
Explícome, gustaríame traer a este blogue, a todo un grupo de ourensáns, que no seu día, foron tremendamente populares, e queridos na cidade, ben é certo que algún de eles, inxustamente foi obxecto de burlas, cese sempre infantís, (xa sabemos que os nenos poden ser moi crueis), e en ocasións de xente que non se daba conta de que denigrar sen motivo a un igual, o que fai é denigrarse a si mesmo.
Seguides sen entenderme, pois agora si que o aclaro, quero intentar pór nesta páxina, o "Capitán Bombilla", o "Frailde" (Failde), o "Cepo", o "Charleston", o "Pepiño", o "Toniño", e a toda unha serie de ourensáns, que por diferentes motivos fixéronse populares, uns polo seu carácter, outros por enfermidade, outros por defecto físico, algún os menos polos seus problemas coa bebida, outros por problemas familiares, desenganos amorosos, en fin por moitos e variados motivos, o caso é que fose polo que fose non deixaban de ser concidadáns entrañables e dignos de todo o respecto, e nese ton referireime a eles.
Por se serve de exemplo, acórdome dun deles, ao cal sendo eu pequeno víalle case a diario, refírome o "Pepiño", recoñezo que ao principio dabame un pouco de medo (os seus problemas físicos, e o avanzado da súa idade cando lle coñecín, non irradiaban precisamente unha imaxe feliz) , o caso é que aos poucos, (tamén grazas á carteira da miña avoa ou de quen me acompañase, que sufría os meus embates ao pasar diante das Josefinas), funlle collendo agarimo, e creo ou quero recordar que el tamén me saudaba co seu típico movemento de ombreiros e cabeza, ata o punto de que cheguei a tocarlle o seu abrigo, e ata o manubrio que tentaba el con pouco éxito facer virar para que se movese o seu asento.
Non me estendo máis.
Aquí déixovos a primeira das imaxes, que lle debemos a outro gran Ourensán, Elisardo Nuñez "Seabra", do cal se me autoriza algún día farei unha entrada especifica, para os que non lle coñecedes, trátase dun magnifico e polifacético artista (pintor, fotografo, debuxante etc.).
Toniño.
O retratado é "Toniño" do cal tamén tentarei facer unha entrada coa súa fotografía,
(debuxo "Seabra")

No hay comentarios: