Consejos y avisos

Este viernes dia 15 y hasta el dia 8 de enero comienza el periodo navideño en OurensenoTempo y Ovrense. Durante esos días al margen de alguna posible sorpresa, solamente tendréis las publicaciones en el diario La Región (los sábados) y el primer domingo de enero en el suplemento Gente Mayor, así como mi colaboración habitual en el especial Nochebuena.
A TODOS MIS AMIGOS Y LECTORES
FELIZ NAVIDAD

Mail ourensenotempo@hotmail.com

16/2/10

O Trangallán II

Non pode rematar o Entroido, sen ter no blogue a visita deste Rey da festa.
Falar de Entroido en Ourense, non sei a vos, pero a mín sempre me fai pensar nunha cachucha de porco, o millor dito "careta", cunhas gafas de sol de moito colorido, (non podo asegurar se todolos anos puña os lentes).
Moitos xa vos decatariades, de que falo. No seu negocio Don Manuel Losada, "O Trangallan", tiña esa orixinal decoración, e queras que non, sempre chamaba a atención.
Non sei se tera pensado disfrazarse este ano, supoño e espero que si, de feito esoutro día andaba pola praza Maior de paseo entre os postos de vello; andaria na busca de algun complemento pra o seu disfraz?, quizas un gorro do exercito aleman, pra ir de Hitler, non, que deso xa foi; quizas uns bigotes de león, pra ir de león da Metro, non, que deso tamén foi; realmente que mais ten, "O Trangallan" e os seus disfraces, e coma a muller de cada un, con calquera cousiña que se poña, sempre vai "mona".

Este ano, non quero deixar que remate a festa, sen ter unha agarimosa lembranza dun amigo, que vivia estas festas con grandes dosis de humor, Paco do Anduriña, quen ano tras ano o luns do entroido, transformabase nunha señora con moito estilo, tanto que mais dunha vez tivo que espantar algun despistado moscón, pasmado cas suas longas pernas, ou algun bobalicon embelesado ca sua delanteira. Estes onde estes, unha aperta dos teus amigos, que tantas veces rimos contigo.

No hay comentarios: