Consejos y avisos

31/5/10

Don Ramón e o mitín no Ferro


Non é habitual neste blog, que de xeito tan seguido apareza o mesmo personaxe, ou se fale del. Pero as circunstancias fixeron que Don Ramón se vexa involucrado na de onte, pola festa Bela Auria, (aproveito para felicitar a Martinho e Brais, polo seu impagable esforzo); e na de hoxe por culpa do profesor Afonso Vázquez Monxardín, que me fixo chegar esta imaxe, e non puiden evitar facer esta entrada.

Carlos Casares no seu libro "Otero Pedrayo conciencia de Galicia", menciona un dos recordos de Don Ramón de neno:
"Sabemos que as primeiras lembranzas do pequeno son imaxes dunha multitude de xente amoreada na veciña Praza do Ferro escoitando un discurso patriótico do coronel "Tacones" contra os mouros durante a chamada guerra de Melilla."
Fálanos tamén de xoguetes, risas (escasas) e complicidade co seu amigo Vicente (todo isto xa se escribiu nalgunha ocasión neste blog, e algún día procurarei amplialo; ata poida que móstrevos imaxe dun deses sinxelos xoguetes, que conseguiron pervivir grazas ao agarimo que lle tiñan ao patriarca persoas da súa contorna, que sempre souberon valorar eses preciosos recordos, insignificantes para moitos, pero evocadores para outros).

A fotografía de hoxe quere facernos imaxinar a un Don Ramón neno, que entre asustado e sorprendido escoita o murmurio do xentío na praza do Ferro, dende o balcon da sua casa na rúa da Paz; que sabia el daquelas, de mouros, coroneles, Jaimistas, Albistas, Conservadores, Agraristas e demais historias??. Pero dalgun xeito, estas manifestacions, cotiás nesa ubicación foron forxando a personalidade daquel rapaz, que hoxe admiramos.

Non podo confirmar se a fotografía era do mitín do Coronel Tacones, pero a todolos efectos, ben vale pra lembrar a Don Ramón.

30/5/10

A Bela Auria hoxe e o día

Supoño que non faredes agardar a Don Ramón, vinde xa pra o Posío; o caron da estatua do seu amigo Lamas Carvajal, tenos preparado un dos seus aleccionadores discursos. Se por algún motivo non chegamos a velo, eiqui vos deixo esta fotografía, do día da inauguración do monumento; eso si lembrade que mudou de ubicación, nos últimos tempos; pero continua a ser a mesma que o patriarca gabou no seu día.
Bromas a parte, lembrade que hoxe temos unha cita ineludible, no xardín do Posío, pra volver tomar contacto ca epoca de mais esplendor cultural da Auria que todos queremos. Non o esquezades, e vinde pra o Posío.

29/5/10

I Festa Bela Auria II

Este e o marco elixido pra disfrutar do Ourense de principios do seculo pasado, se vos fixades nas fotografías, pouco ten mudado, as diferencias mais importantes estan no tamaño da vexetación, e eso non deixa de ser fermoso, hay que crecer; do resto, pouco cambio hai.
O que si teremos que cambiar, o domingo, e que nas imaxes o Xardín vese case que baleiro, e nos temos que conseguir enchelo. Entre todos podemos conseguir facer desta festa un referente da cidade, pra que se saiba o que foi, e o que podemos facer os Ourensans.
Animadevos, e vinde o domingo trinta o Posio; os que poidades, facedeo vestidos da epoca, neste blog, e no da organización (o que tedes o enlace na dereita), veredes unhas cantas suxerencias de vestimenta.
Vemonos maña no Posio,na Festa
A Bela Auria

28/5/10

I Festa Bela Auria

Xa está todo preparado para celebrar, a primeira festa a Bela Auria.

O domingo co permiso da autoridade, e faga o tempo que faga, (aínda que se anuncia bo e posiblemente caloroso), nos xardíns do Posío, e a súa contorna, celebraremos a festa A Bela Auria.

O programa está repleto de actividades, interesantes, que coa vosa concorrencia, serán esplendorosas. Música, xogos, cine, arqueoloxía, esgrima, conferencias, fotografía, todo un abanico de posibilidades, que farán que este domingo podades divertirvos, recreando o Ourense de principios do Século XX.

Nas fotografías que me deixa Norberto Tabares, podedes ver tres dos modelos, que esperamos ver en directo o domingo; eses dous cabaleiros e esa damisela, estamos seguros de que no seu tempo, gozaban correteando polo paseo central do Posío, ou gozando do frescor da herba na zona do bosque, mentres a dama, que se vos fixades tamén aparece (oculta polo máis pequeno dos infantes, xa que estaba velando pola integridade deste), na fotografía, contemplaba as raras especies que se cultivaban no botánico.
E nesta outra a elegante señorita, que presume co seu aro; eu non teño claro que soubese usalo, pero de seguro que intentaba correr detrás del.
Esperámosvos o domingo en "A Bela Auria"

27/5/10

Rizo e a familia


Non sei a vos, pero a mín sempre me resulta agradable, atopar unha das "galletas", do Sr. Rizo.
Xa me queixei amargamente, de que no catalogo, e a exposición que se fixo del no edificio Cultural da Deputación, poucas eran as imaxes que se mostraban, das que fixo na cidade. Eso no quere decir, que non estea claro, que o seu traballo abarcaba todo o territorio provincial, pra saber onde habia feira ou festa na provincia bastaba preguntarlle onde ia ir o día seguinte ao amigo Xósé Vázquez. Un dos lugares preferidos por "Rizo", pra facer o seu traballo, era Celanova.
A fermosa imaxe que hoxe vos mostro, sei que vai dar lugar a algun mail, comentando a semellanza dun dos retratados, conmigo, pero xa vos aclaro que o que é da miña familia, non e o das longas orellas, senon o que esta sentado por riba del.
Penso que a fotografía obtivose na rúa San Roque de Celanova, nos anos 60.