Consejos y avisos

16/6/08

Un mariñeiro de Canedo

Do Viaduto cara a Velle, todo era campo, hoxe pouco campo queda.
Son como nenos, non?.
Son nenos, algún xa desde pequeno tiña inclinacións mariñas, magoa que Ourense teña o seu porto en Vigo, e non mais cerca.
Na foto estaba facendo practícas do P.E.R. por iso de maior resúltolle sinxelo obtelo, eu hoxe non o faría (bañarme nese auga), por se as verteduras.

14/6/08

Rúa "Alejandro Pedrosa"

Fotografía propiedade de D.Manuel Dominguez Quiroga
Web master de www.canedo.eu , que deu o seu amabel permiso.
A rúa Alejandro Pedrosa, nas súas primeiras "andainas", vemos que se utilizaba como rampla de lanzamiento de arriscados pilotos. A fotografía debe ser preto do cruzamento ca rúa Rio Bibey.

Noite das Candelas no Liceo (Adrio Menéndez)

Non se se aos meus escasos pero admirados lectores, resultaralles do seu agrado esta entrada, pero considero que é perfecto reflexo da forma de vida dunha parte da sociedade ourensá nesta época, "era de 1928", (Ano 1890), os trazos da narración, son dun rebuscado vocabulario, un exquisito trato aos personaxes, cun lixeiro transfundo pícaro e o mellor de todo irradia un optimismo que raia no esaxerado.
Publicado no "Eco de Orense", 4 de febrero de 1890
"El tocador de las damas parecía dispuesto por las propias manos de las elegantes a la DERNIERE: tal era el gusto y belleza, a la par que sencillez que en él se observaba.
Flores delicadas, plantas caprichosas, lámparas fantasticas, gasas, perfumes y unos GROOMS, lacayos o recaderos, barbilampiños, coloraditos e inocentes como amorcillos, perfectamente uniformados y que hacían a las mil maravillas su difícil DEBUT de criaditos complacientes y activos.
A las once de la noche estaba el baile en su apogeo; en todos los semblantes se mostraban rasgos de satisfacción, olvidándose de las anémicas veladas anteriores y en los concurrentes se adivinaban deseos de enviar los plácemes a la actual junta directiva por los esfuerzos y la victoria alcanzada.
Se repartieron a las damas unos billetes amorosos con el orden de baile.
Esperamos los primeros acordes de la música para sorprender a las jóvenes entre los giros del vals y a la ligera también tomar nota de los preciosos trajes que lucian.
Bailaban como ángeles M, E, y R C de crema, crema con flores y encaje azul.....
Entre el BOUQUET de casadas no menos bellas y admirablemente prendidas, vimos a las señoras de R. y N.C., de terciopelo negro; A., de rosa con encajes..........."

13/6/08

Rúa do Alba, Luis Espada, ...... "Cardeal Quiroga"

Observando esta fotografía; da rúa que mais veces a cambiado de nome na cidade (véxase Rúeiro), esta claro que a remodelación que se lle fixo os últimos anos, buscou respectar a súa antiga estética.

En primeiro plano vemos a farmacia de D. Luís Fabrega, punto de encontro de moitos intelectuais da época.

A rúa tamén foi coñecida por moitos ourensáns como a da academia, non porque estivese alí situada unha academia de prestixio tipo Grecia, senón porque alí estaban situadas algunhas das mellores academias da cidade (como o Colexio San Luís Gonzaga, a "Academia Politécnica", ou a "Modelo" de don Anxo Ferrín Moreiras, (cos alumnos de orellas mais grandes de Ourense, algo tería que ver don Anxo en tal prodixio).

"La Bruja" 1901


Non se se en todas as cidades a ocorrido o mesmo, pero en Ourense, foron moitos os diarios e revistas, que por diferentes razóns, tiveron unha vida moi curta, nalgúns casos escandalosamente curta, esta é unha delas, e non precisamente por ser unha mala publicación.
Nace no mes de xullo do 1901, na imprenta "La Editorial".
A intención era sacala semanalmente, publicábase en castelán e a súa formulación era dunha revista cultural satírica, a pena é que este número era provisional, e o segundo non chego a publicarse.