Consejos y avisos

8/4/09

Paco e as setas


Fotografía propiedade de Don Francisco Amaro
Non vos fixedes no cabaleiro das lentes, o importante da fotografía, son as setitas que atopou.
A fotografía ten uns 30 anos máis ou menos, e desde que alguén (por desgraza, eu non) zampouse estes exemplares, coido que non se volveron a atopar deste tamaño nas proximidades ourensás.
Neste caso non debe apuntarse ao cambio climático como culpable, nos últimos anos, desatouse unha enorme paixón pola micoloxía, e é complicado que algunha consiga chegar a este tamaño, atópanse antes de chegar a esas alturas.

7/4/09

Establecimientos Alvarez y Hotel Roma

Non adoito realizar entradas similares en tan pouco tempo, pero recibín un mail con esta imaxe, cando acababa de facer a anterior, (aproveito para comentarvos, xa que algún mo preguntastes, que as entradas xeralmente fagoas cando teño un intre libre, en ocasións fago tres ou catro, e déixoas programadas para publicar, ou o que é o mesmo, antes facíaas e publicábaas en vivo, pero agora na empresa non me deixan, a censura?).
Imos ao que importa, aquí tedes unha perspectiva da rúa do Progreso nos 50, o añorado edificio do Roma, daba os seus últimos estertores, e pódese ver que xa non tiña actividade, (que pena), ao seu lado vemos a casa de Establecementos Álvarez, este aínda mantivo a súa actividade durante bastantes anos, a continuación temos o edificio, agora non podo confirmar se xa estaban aí os Almacéns de Ferrer, ou aínda estaba, a fabríca e a tenda de Mobles Sánchez Puga, pero dese edificio teño que buscar algunha fotografía que creo que teño, e dareivos mais explicacións.
A fotografía polo que me din debe de ser do inefable Pacheco, e aínda que eu non a coñecía, parece ser que se publico nalgún libro, se o pescudo ou mo dicides poreino.

6/4/09

Salesianos ano 57

Teño que recoñecer que a calidade da fotografía, non é a máis adecuada, pero deste colexio e neses anos non puiden atopar unha de mellor calidade, na que se vexa un plano tan xeral.
No que respecta ao edificio, darédesvos conta que non sufriu máis variación que o muro que ten hoxe en día na parte esquerda.

Orfeón Unión Ourensan (Parte II) A Rondalla

Fotografía Arquivo Orfeón Unión Ourensan
Ademais da súa actividade como masa coral, o Orfeón tamén formo de xeito un pouco máis distendido, pero coa mesma seriedade que lle caracterizo dende os seus comezos, unha rondalla, que amenizaba se era reclamada as festas da cidade.
A fotografía corresponde a un ensaio no patio interior da sua sede na Avenida de Pontevedra, no ano 1922.

5/4/09

Foto Belay (el motor en Galicia)

Un fotógrafo entre motores, penso que esa sería un dos xeitos de presentar a outro dos nosos vixiantes do pasado.
Gonzalo Belay, é un referente da fotografía deportiva en Galicia, a súa vida a discorrido entre liquido de revelados, gasolina, ampliadoras e cigüeñales, dende os comezos de Lalao, Belay sempre estivo moi preto, certificando os seus éxitos, as súas decepcións, e en ocasións botando unha man, que os medios non é que fosen poucos, é que practicamente non eran.
Podemos ler na súa web http://www.belayfotoracing.es/ , como tiña que financiarse vendendo as fotografías na entrega de premios, logo de pasarse toda unha noite de revelado. Verdadeiramente eran outros tempos, e soamente o esforzo, unha gran afección, e porque non dicilo a amizade que se creaba entre toda a xente do mundillo, permitían, que se puidese continuar con ese traballo, case sempre mal pago, o certo é que pasado o tempo, algunha recompensa ten este loitador, con só abrir un álbum dos seus, pode ver o Alpinche, recordar a Ventura pilotando o seu FU, ou poida que ao Conde de Bragation, (dime o amigo Ricardo Blanco que era Principe de Bragation, seguro que ten razón, pero segue sendo da Nobleza, gracias Ricardo), picando roda por Puga, ou Esgos.
Na súa web podedes ver unha fantástica mostra da súa colección, eu doulle as grazas por deixarme publicar estas xoias, na de arriba podedes velo facendo os seus pinitos na competición, que tamen lle iba.