Consejos y avisos

4/4/09

San Marcelino

No ano do centenario Maristas Ourense, tamén hai un recordo para San Marcelino, fundador do instituto dos irmáns Maristas.
Estas imaxes que vos traio, son dun relicario de San Marcelino, bo como podedes ler nelas aínda era Beato, (foi santificado no ano 1999), se o mirades con detemento, observaredes que tiña un anaco de tea pertencente á sotana do Santo.



Grazas a J.Raúl L. Rumbao por facilitarme estas imaxes.

3/4/09

Unha fontiña

Fai un nadiña, cando eu era mais cativo, (tería a idade deses señores que saen na fotografía), en todos os parques e xardíns, tiñamos estes "abrevaderos", non é que fosen moi feos, pero tampouco se lles podía dar a categoría de fontes, (aínda así, para mín eran máis bonitas que as poucas que temos agora, de cemento, polo menos as que eu coñezo).
Para nós eran un xoguete mais, puñas o dediño no "pitorro", e mollabas a todos os nenos que por alí andaban, o que normalmente, remataba por producir unhas típicas marcas na zona traseira do artistiña, que tiña afección de bombeiro, case igual que hoxe, pero sen as marcas, que hoxe serian ilegais.
¡Meu Deus !!!!!
A que sae na fotografía xa vos dariades conta de que estaba nos xardinciños de Concepción Arenal, antes do traslado da estatua, e por coñecemento persoal podo dicirvos que, durante a miña infancia, moveuse dentro dos xardinciños en varias ocasións, arriba, abaixo, no centro, á dereita, á esquerda, en fin seria apolítica ou tería mal asento vaia vostede a saber.
A fotografía e outro agasallo de don Miguel Barreto.

O Clube de Tenis

En varias ocasións, cando viamos unha imaxe aérea desta zona, comenteivos que se distinguían as instalacións do Club de Tenis, nesta ocasión o meu amigo Don Miguel Barreto, permitiume ver e ensinarvos esta fotografía, na que nos achegamos a esas instalacións.
Esas casiñas brancas, (a maioria dunha altura) que no seu día foron ocupadas por empregados agrícolas, (non esquecer que esta zona formaba parte das aforas da cidade), son a fachada do devandito Club, pódese ver perfectamente, que a rúa, aínda non existía, abriuse conxuntamente coa construción da Torre, e a apertura da Diagonal (XOÁN XXIII), cara a finais dos 50.
A esquina do edificio que se ve na dereita e do Goberno Civil (Delegación do Goberno), e a casa das duas alturas, e onde hoxe esta mais ou menos o Princess)

2/4/09

Miguel Ángel González Suarez (Ourense 1947)

Redactar esta entrada, ao mesmo tempo que un pracer, suponme un problema, pracer, porque considero de lei que figure neste blogue, (aquí vén o primeiro problema), Miguel , como a súa nai Pilar chamábao, de apelido o mellor porteiro ourensán do Real Madrid, (aínda facéndoo así, se que recibirei mails de protesta, que se mellor deportista, que se mellor futbolista, que se se podería dicir que mellor futbolista galego......., en fin sabedes que fuxo das polémicas, e Santos, Cortes, Seara, Rodolfo etc. tamén teñen os seus fans.)

Fotografía da familia, diante do Losada, ano 1955, (propiedade de D.Luis González)
Miguel Ángel, foi dos pioneiros en Ourense en practicar o balonmán, deporte no que como non, xogaba de porteiro (equipo do colexio Cisneros), e do mesmo xeito que a maioría dos que practicaban deporte naqueles anos, tamén xogaba ao baloncesto, (e realmente a calquera cousa que se propuxese), deses momentos é a fotografía do equipo de Baloncesto C.D. Orense Xuvenil (propiedade de Lisardo Mazaira), non soltaba o balón, nin pra facer a foto Con dezaoito anos comenzou a destacar como cancerbero, e ficharonno para o A.D. Couto, onde non durou nadiña, case que de inmediato, foi tentado polo Ourense.

Fotografía de Don Luis Gonzalez Couto año 58

Logo de case que duas tempadas no Ourense, fixaronse nel os tecnicos do Real Madrid, e dende o verao do 67, pertenenceu a disciplina dese Clube.
O seu palmares resumido e iste.
7 Ligas 4 Copas de España 2 Copas da UEFA 1 Copa da Liga.
Podedes ampliar datos desta etapa no enderezo http://www.fororealmadrid.org/miguelangel.htm

1/4/09

Ribadavia (Maquians)

Fago esta entrada extra, para dar a benvida a este mundo do blogue, a un novo amigo, e espero que colaborador, Julio Freijido, fai poucos días, puxo en marcha un blogue dedicado á Vila de Ribadavia, na dirección http://maquians.blogspot.com/ , visitádeo e atoparedes fotografías desta preciosa vila Ourensá, e algunha tamén da cidade, que nalgún momento é posible que lle roube para adornar algún comentario.
Na sección Trives, que é a que máis me custa atender, notaredes que a partir de agora Ribadavia deixara de aparecer, salvo en casos moi puntuais, espero que o amigo Julio preséntevos material suficiente para satisfacer a vosa voracidade.
Un saúdo dende Ourense no Tempo a Maquians.
En breve farei un enlace directo á dereita do blog.
http://maquians.blogspot.com