Consejos y avisos

27/10/16

Nenos da rúa da Paz-Praza do Ferro

Equipo da Praza do Ferro, En pé de esquewrda a dereita:
Pepin- Tito Mena-Jorge-Richard-Paco Llamas- Victor
Agachados
Juan Antonio- Ellacuriaga- Mariano-Rafa Carrasco

 Comentábavos onte que hoxe reúnense os veciños da rúa da Paz nunha xornada festiva, que permita reavivar os recordos e botar unhas risas. Un dos motivos que empuxan aos veciños a organizar a reunión, probablemente sexa que nos últimos tempos estanse perdendo os sons do onte.
 Non é posible recuperar a Rey Custodio practicando coa guitarra na porta da súa barbería, nin os afinados acordes que saían das fiestras da escola musical dos CasasNovas, si seica poderiamos intentar recuperar o son dun daqueles vellos gramófonos "La Voz de tu amo" que como autenticas xoias vendíanse no “Cronometro” de don Odilo; pero o que sen dúbida sería posible revivir son os momentos de diversión e moitas risas que reinaban na zona no pasado.

   Préstame o amigo Víctor J. Álvarez estas dúas xoias que mostran como llas gastaban daquelas os rapaces da rúa da Paz e a Praza do Ferro.
   Como vedes chegaron a ter un equipo de futbol perfectamente uniformado.

Ogalla que sigan organizándose estas estupendas reunións e consigamos recuperar estes belos recordos do pasado que poden ser aliciente pra colaborar a humanizar  a nosa cidade.

Los chicos de la calle de la Paz de carnavales en el Padre Feijoo (60´s)
Vémonos esta tarde


No hay comentarios: