Consejos y avisos

20/8/13

Moreiras Club de Futbol. "Rapaces de Moreiras"

   
Na entrada desoutro día, estaban os deportistas que conseguiron fama lonxe das fronteiras da nosa provincia, e con xustiza temos que recoñecerlle o merito, iso non quita que no blogue de cando en vez aparezan estoutros que en máis dunha ocasión fixeron as ledicias dos xiareiros.

    Fai xa uns  meses facilitoume Javier Torres esta fotografía que lle tiña deixado Don Manuel Gonzalez Enriquez;  eu  desde logo que non coñecía a  ninguen , (a miña relación co pobo de Moreiras comezou nos noventa).

   O caso e que grazas a uns cantos amigos, a maioría están identificados.
   
   Pepe Parrocho, Feliciano da Seara, Camilo “o Tazas”, Fidel o Fideliño, o sei irman Adolfo,  Enrique, Antonio “O Portugues", Peixe, Manolo da Rosina, e Suso Caramillo

Grazas a Lolo e Ana Belén pola sua axuda.

A ver si aparecen mais xoias destas, que solo tedes que remexer un pouquiño nos caixons e disfrutamolas todos.

No hay comentarios: