Aprox. primeiras decadas do seculo XX 191?, (perdoade a vaguedade na datación, pero escapo de errar) |
Volve visitarnos esta, chamémoslle rúa, aínda que algún purista poida corrixirnos, e dicir que só se trataba dunhas escaleiras de acceso. Que mais dará?
Descoñezo se é polo magnífico miradoiro que sempre supuxo a súa parte alta, desde o que se divisan, (ou divisaban) os tellados da catedral, e os montes do seminario, a máis diso un tramo do noso Miño; o caso é que existen unhas cantas imaxes na que o primeiro plano, está reservado para ela, Quebra cús.
É posible que a orixinalidade do nome, (na Rúa aínda pervive unha con ese nome, e na veciña Portugal concretamente na universitaria Coimbra, teñen unha mais casta pero semellante, Quebra costas), tamén sexa un atractivo adicional para retratala. E precisamente do nome quería falarvos, ou máis ben facer unha reivindicación: cónstame que algún edil da nosa corporación de "cando en vez", pásase polo blog, (tamén algún ou algunha xornalista local para coller ideas), polo cal aproveito para suxerirlles, que contemplen a posibilidade de recuperar algún nome antigo das nosas rúas; en moitos casos non suporían ofensa ningunha, se seica incomodidade para veciños e carteiros.
Comezariamos con Quebracús, e poderiamos continuar con Rapagatos (San Miguel) e porque non recuperar o nome de Pelouriño (Colón), só o nome.
No hay comentarios:
Publicar un comentario