Consejos y avisos

17/5/12

Outra de Fausto

Casas do final da rúa Progreso anos 70, hoxe somentes queda en pé a primeira pola dereita, e onde esta o Taller do Ramón
   O amigo Fausto, dende as "terras baixas", (reside en Holanda), segue facendo memoria e cóntanos como era o Auria que viviu de neno; nesta ocasión fálanos de artesáns, e como moitos de nós, laméntase da case total desaparición deste tipo de profesionais.

Déixovos con Fausto


   " Hoxe unha foto de Pacheco das casas que aínda estaban en pe nos derradeiros números do Progreso. Pódese ver unha construción baixa con dúas portas e unha fiestra. (a esquerda da imaxen)

   A porta da esquerda e a fiestra son as da ferrería do Bustillo. Neste taller de ferreiro facían pezas de precisión (ca precisión que daquelas podería haber) maiormente romanas.  Dos tres ferreiros que lémbrome existían cando eu era pequeno este era un deles
   Os outros son os desaparecidos  ferreiros da rúa de Colon, o das coplas dos Maios
Na rúa de Colón enfronte dun ferreiro tes un tendeiro que toca o pandeiro,
 que facía sachos, reixas de arado e outras cousas de labranza.
   E tiñas outro que estaba na esquina da rúa do Villar co Progreso, onde hoxe atopase un axardinado pequeno a outra veira do Posío, e facía ferraduras pra as cabalerías e tamén as puñan a o minuto. (Supoño que se refire a prazoleta da estatua do Doutor Gallego).
   Pois de Bustillo aínda teño unha das romanas. Colgada dunha beira pesa de 0 a 10 kg e da outra de 9 a 35 kg. Lémbrome que tamén has facían dobres nunha beira kg e da outra libras galegas.
   E unha pena que dos artesáns que tiña Ourense non queda practicamente nada. Os xoieiros, reloxeiros, modistas, xastres  e probable que si. O que eu quero dicir son destes outros coma Bustillo. Lémbrome do toneleiro do Progreso, da encadernación da rúa de Colón, dos canelóns de zinc na rúa das Tendas e do que reparaba e facía monecas na praza da Magdalena. "

Fotografias da romana de Fausto, cas marcas do ferreiro Bustillo, no fiel, e na pesa.

Os textos en roxo son pequenas aclaracions que fago eu,, o texto entendese ben, pero sempre pode haber algún despistado.

No hay comentarios: