Consejos y avisos

30/5/12

Postais daquelas


   Onte advertinvos que ían ser dous as entradas con material cedido polo amigo Gonzalo, parte eran fotografías, e parte eran postais; sei que mo comentou no seu momento, pero xa non recordo se era a súa nai a coleccionista de postais, ou era a súa avoa; inclínome a pensar na súa avoa pola idade das postais.

   Ao mesmo tempo, esta colección tráeme á cabeza algo que xa vos comentei, sobre as artistas que visitaban a cidade pra actuar nos cafes cantante da nosa Auria "Moderno", "Mendez Nuñez", "Unión", "Regio", "Bilbaina" etc; algunha delas representada tamén neste tipo de postais, digamos de difusión oficial.
    Refírome ás fotografías que polo menos o Sr. Don José Pacheco, segundo contan as malas linguas (de ser certo, supoño que serian mais os compañeiros de profesión que ofrecían eses servizos), obtiña no seu estudio destas señorita para despois distribuílas entre os parroquianos.
   Certo é que existen probas, de que as modelos non ían tan tapadas como na postais oficiais que hoxe vos mostro, pero non vaiades pensar en escenas pornográficas, sempre quedaban nun belo erotismo, o que as facia posiblemente máis interesantes.
   Dende o punto de vista económico, eran unha autentica mina, para todos os implicados, que non eran poucos; a artista coméntase que recibía sete pesetas (dos anos 30 aprox), os camareiros e limpabotas recibían unha boa comisión pola súa distribución, e o artista fotógrafo seguro que non se queixaba. Por se fose pouco, fomentábase a cultura, xa que supoño que a discreción, esixía que os distribuidores levasen algúns modelos de despiste, así é como se fomentaba a afección ás postais náuticas, de monumentos etc.


No hay comentarios: