A semana pasada ao final foi escasa en entradas, "intentarei" durante esta, e para animar a inauguración que temos o xoves ás oito, realizar unha diaria, posiblemente curtas, pero mellor que nada, non????. Fixarvos nas comiñas do intentarei.
Precisamente relacionado coa exposición, ocorréuseme o titulo da entrada de hoxe; e é que o fermoso edificio que sobrevive heroicamente na rúa do paseo, e alberga actualmente a delegación de defensa; foi durante un longo período de tempo, un dos centros de ensino mais representativo da cidade. Da súa etapa Marista, xa falamos en varias ocasións, e no blog tedes unhas cantas imaxes, (e no museo outras cantas mais), pero hoxe a miña intención é ensinarvos este folleto que me presta Juan Valencia, doutro dos históricos de Auria, El colexio Concepción Areal.
En 1932, os irmáns Maristas abandonan a cidade, por diversas razóns, fundamentalmente o clima político que se vivía naqueles momentos, agravado por pequenos rozamentos de índole económico co cabido catedralicio. O caso é que quedan temporalmente baleiras as instalacións do edificio de Vicente Pérez, (xa sabedes que ese tramo do paseo naqueles tempos levo o nome do político liberal), descoñezo se tiveron algunha utilidade durante os tres anos seguintes, probablemente servise de apoio ao edificio contiguo que albergaba o circulo católico de obreiros, pero terei que confirmalo. O que se sabemos, e confirma este folleto que nos prestou Juan, é que o curso 36-37, o edificio volveu utilizarse para o seu labor educativo.
Chama a atención dentro do listado de mestres, a presenza dun antigo alumno marista, que xa percorrera eses corredores na súa nenez, e segundo parece regreso anos mais tarde como mestre, se trata de don Fernando Quiroga Palacios, o Cardenal Quiroga, de quen algún día faremos unha entrada no blog, algunha fotografía orixinal temos del.
Outros apelidos sobradamente coñecidos no ámbito da educación Ourensana, tamén aparecen nese listado, Leirós, Trincado, Armesto, etc.
Os colexios Cisneros e Concepción Areal, teñen unha longa historia de actividade e fusións que un día espero que algún dos nosos fantásticos investigadores nos desvele.
No hay comentarios:
Publicar un comentario