Consejos y avisos

14/2/12

Colexio Leon XIII no Museo


Estou a recibir estes días unha boa cantidade de correos electrónicos, que demostran o interese que tedes pola exposición do museo; a parte de felicitacións, que sempre se agradecen, estou a recibir tamén suxestións para facer máis interesante a exposición.
A que máis aparece nos vosos correos electrónicos, e en comentarios que me fixestes persoalmente, é a da necesidade de achegar polo menos as datas das fotografías. Hei de admitir que estou de acordo totalmente convosco, pero varias razóns son as que fixeron que non apareza ese dato, "nin de momento" ningún outro.
Desgraciadamente moitas das imaxes que mostramos na exposición, carecen "polo de agora" dunha ficha identificativa como seria desexable; o cal faría que unhas tivesen información, e outras non. Por outro lado, cremos que seria interesante, que vos involucredes vós tamén na identificación das fotografías.
Pra facelo posible, a partires de mañá as fotografías estarán numeradas, para facilitar a súa identificación, e poderedes achegarnos os datos dos que dispoñades.
Como exemplo, estes son os datos que temos da fotografía histórica que vos mostro hoxe:

Descrición. Fotografía escolar do Colexio León XIII
Ano: Curso 1901-02
Fotógrafo: Don José Pacheco
Propietario: Dona Conchita Calvo
Información relacionada:
Do colexio león XIII, coñecemos varias situacións na cidade ao longo do tempo; naceu na rúa Santo Domingo; como dicía na prensa da época, baixo a advocación de San Luis Gonzaga. Posteriormente como confirma o anuncio publicitario que apareceu na revista Bela Auria de 1903, se traslado á Praza Maior numero 5, xa co nome de León XIII. Finalmente, e posiblemente sen relación, aparece un internado na rúa Padre Feijoo numero 13, en fronte do Instituto, co nome de Núñez de Couto en 1933.
Como profesores, sabemos da presenza do catedrático do instituto Joaquín Núñez de Couto, o seu director, e pola fotografía que vos mostramos, podemos asegurar a presenza de don Luis Fernandez Perez, (Luis Xesta). (na dereita cun baston na man, e preto dun sacerdote; pensamos que o señor colocada por baixo, poidera ser Don Joaquin Nuñez de Couto). Ainda sen confirmar poderia estar tamen Don Amador Villar Amor. (seria o señor que ten o sombreiro pousado na pedra na esquerda da imaxen

Déixovos aquí uns datos que hai tempo me facilitou a amiga Rosa Cid Galante, nos que podedes ver bibliografía relacionada.


" ... Dos primeiros está o colexio León XIII, antes co nome de Luís Gonzaga, que estaba situado na rúa de Santo Domingo e ofrecía internado. Este colexio estaba dirixido por Xoaquín Núñez de Couto, profesor do instituto[1].


[1] O centro Luís Gonzaga transformaríase posteriormente no Colexio de León XIII funcionando como colexio de primaria e secundaria e co internado. Nel poderían estar matriculados os alumnos tanto en ensinanza oficial como non oficial. Vid.: VARCÁRCEL, Marcos, A cidade da xeración Nós, Ourense, Caixa Galicia, 1995, pp. 49-50, CID FERNÁNDEZ, X.M., Escola, Democracia e República... Op.cit., pp. 206-208;  BENSO CALVO, Carmen, “Los inicios de la crisis del bachillerato...Op.cit, pp. 138-139."

No hay comentarios: