Consejos y avisos

8/2/12

Naqueles vellos Pupitres


Non esquezades que mañá temos unha cita no museo Municipal, ás oito da tarde; aquí déixovos o convite oficial ao acto.

Aínda que espero poder facelo durante a presentación, por se se me esquece algún, vou aproveitar esta entrada, para darlles as grazas a todos os colaboradores.

Coa que esta caendo hoxe en día no tema económico, é impensable organizar calquera tipo de actividade cultural, dispoñendo doadamente dos fondos necesarios para realizala, os tempos en que os comisarios cobraban, os membros do A.v.O., coñécenos de oídas. O que non se pode é abandonar os proxectos; por experiencia propia sei que é moita a xente disposta a colaborar de forma altruísta e grazas a eles as cousas saen adiante. Na anterior exposición a idea era organizar todo co material propiedade dos membros da asociación: cámaras e fotos de Mazaira, xoias do pasado de Schreck, os tesouros de Augusto Pacheco, cadros de familia de Juan Valencia, obxectos de Pastor Fábrega, Norberto Tabares, Santiago Mosquera, Manolo Domínguez, Candido Ventim, NatalioCarrión, Fernando Valcarcel, Javi Torres, Amador Rego, en fin todos os integrantes da asociación A.v.O, tedes nalgunha entrada o nome de todos, e incluso o meu. Finalmente puidemos contar e estámoslle agradecidos, coa colaboración de Antigüedades o Desván, e por suposto a do amigo Arcadio de Monforte.
Esa experiencia demostrounos que se poden facer traballos, digamos "dignos", sen grandes desembolsos económicos. Nesta ocasión debido á temática da exposición, buscamos colaboración nos centros escolares, e temos que dicir que se nos abriron as portas en todos aos que tivemos tempo de acudir.
Instituto Otero Pedrayo, Maristas, Josefinas, Cisneros Salesianos, Seminario, non nos deron mais que facilidades, e se acaso non colaboraron mais, foi por un problema de tempo.
Creo que é de xustiza advertir que por falta de tempo e medios non se visitou a moitos centros escolares, e temos a firme convicción que de telo feito tamén contariamos coa súa colaboración.
A Todos moitas grazas, e esperamos que vos guste a exposición.

No hay comentarios: