Consejos y avisos

9/9/11

Volta o cole 2011-12

Non teño claro si esta fotografía que me deixou o amigo Mito, e dun regreso o cole, ou dun viaxe pra pasar a tarde no rio, subindo por una recien daquelas estreada rúa Xoan XXIII, pero de calquera xeito penso que sirve prai lustrar a entrada.

Outro curso escolar está a piques de comezar; para algún@s (non sei se me tomaron o pelo), comezaba este martes. Ídesme a permitir que a entrada de hoxe sexa un pouco máis persoal, aínda que supoño que a algún de vós sóelle tamén coñecido.

Sempre é un fito importante na vida dos nosos mozos, pero este ano poida que mais aínda pola situación que estamos vivindo, e as circunstancias que inciden en l@s que máis de cerca tócanme. Nun caso, é o momento desde o meu punto de vista máis crítico; terminar o bacharelato supón un cambio substancial na vida de calquera estudante, xa non só por que se teña que preparar un exame Selectivo, (xa non se como se chama agora de forma oficial), senón porque, é o ano en que se ten que tomar unha das decisións máis importantes na vida, Que queres ser de maior?, esa pregunta retorica en moitas conversacións de paseo, por fin esixe unha resposta seria. Sinceramente, gustaríame ser capaz de aconsellar algunha dirección, pero creo que nin eu nin ninguén hoxe en día, ten o bo consello; se seica penso que o mellor é que nesa decisión primen o sentido práctico, e o pracer, ou o que é o mesmo, entre o que che guste, escoller o que aparentemente teña mellores saídas futuras. (Que ben queda, e que pouco despexa as dúbidas, pero...).
No outro caso, volvendo ao particular, virxenciña, virxenciña que me quede como estou, ou dito de forma máis laica, a seguir así que a cousa marcha.

Pensaba tocar o tema tan de actualidade das horas dos profesores, pero vai ser mellor que o deixe para persoas máis entendidas, ou polo menos para outra entrada. En lugar diso, quero facer unha reflexión para que me digades se é idea miña, ou vós tamén o observastes.

O comezo do curso sempre pensei que para todo o mundo, sería un momento difícil, logo das liberdades estivais, volver aos horarios e obrigacións custa un pouco, ou polo menos para min sempre foi así, polo que recordo; agora que o vexo desde outra perspectiva, observo que en moitos casos, hai tres etapas:

.- A primeira é a que maioritariamente é causa de choros e desolación; en contra do que poida parecer, unha das máis felices, porque eses problemas teñen unha curta duración, de forma habitual o que tarda en comezar o primeiro recreo.

.- A segunda é a máis dura de todas, e é na que os nosos adolescentes interprétano como un xeito de coartar a súa liberdade en todos os sentidos; os que máis o padecen son os que empezan a vivir algunhas das vantaxes de facerse maior. Esta etapa require dunha gran comprensión de pais e o entorno, pero ao mesmo tempo ter ideas moi claras, para que non se desmande a tropa.

.- A terceira tenme alucinado, empezan o 14, e vanse o 7, que présas, tantas ganas de traballar ata me preocupan, non se me porá mala?. Non, supoño que non van por aí os tiros, pero bo, mentres os resultados non digan outra cousa, a gozar; ás veces o importante é saber organizarse

En fin, ánimo que é o voso traballo, e a día de hoxe ter traballo xa é moito.

No hay comentarios: