Consejos y avisos

19/9/11

Basilio Álvarez (Fernando Valcarcel)

A entrada dos luns xa e cousa de Fernando Valcarcel, eu alegrome, xa que realmente quero aprender, e iso faise sóo con bos mestres. (paseille o censor por riba, sobran os ha.....,supoño que este pequeno comentario sóo o vai entender Fernando, pero e que e pra el)
  
Hola Rafa, hai algún tempo, repasando as entradas do teu blog, nunha delas aludías a D. Basilio Álvarez Rodríguez, e, convidabas aos lectores a realizar unha entrada sobre este importantísimo persoeiro, figura do movemiento agrario galego.
Despois de estudar un pouco a súa vida, recoñecendo ao tempo a inicial ignorancia sobre o tema, decubrin os problemas e vicisitudes cos que se atopou unha persoa critica e inconformista, e, ainda que non son nin de lonxe a persoa máis autorizada, atrévome a redactar unhas letras, que tratan de achegarnos a Basilio, o home.
Nado en 1877 en Ourense, de moi novo, Basilio tentou sen fortuna sorte na ferrería do seu pai, a falla de aptitude ou tal vez a de actitude para o oficio en cuestión fai que ingrese no “Instituto de Orense”.
Tras rematar exitosamente unha primeira etapa estudiantil, a ausencia de medios económicos provoca que a única posibilidade de seguir cos estudos se limite ao ingreso no Seminario Conciliar de San Fernando, onde finalmente, se ordeará sacerdote o 19 de marzo de 1902.
Intelixente e inquedo, no seu primeiro destino como párroco en Parada de Labiote., toma contacto coa problemática do campesiñado galego, cuestión que non agrada ao bispo de Ourense que o destina a Madrid. Alí entra en contacto coa intelectualidade en cafes e tertulias, e toma enérxico posicionamento fronte o agrarismo galego fundando “Acción Gallega”. Entre tanto, medra a súa obra literaria e o seu bagaxe profesional en xornais da capital, (aspectos nos que non profundizo por darlle practicidade ao soporte e, porque na mesma rede atoparedes os múltiples e valiosos logros deste político, xoranalista, escritor e abogado), ata que en 1912 o bispo de Ourense ofrecelle a parroquia de Santa Eulalia de Beiro.
Multitude de insalvables diverxencias suscitaránse entre “o cura de Beiro” e a cúpula eclesiática por criticar ou cuestionar uns preceptos tan arcaicos como rixidos.
Máis, como a vida e unha montaña rusa, ás veces tamén toca subir, e, o 12 de outubro, unha xunta executiva disposta para tal fin, e, presidida por D. Olegario Muñiz Álvarez, dispénsalle unha homenaxe, consistente nuha marcha polas rúas de Ourense. Ao son da Banda Municipal de Música, estoupaban os foguetes que anunciaban o acontecemento, fíxose parada fronte o número 12* da Avenida de Buenos Aires, lugar onde nacera o homenaxeado, para descubrir unha placa conmemorativa. O acto remataría cun banquete popular nas pistas do “Club de Tennis”.
En 1931, coa chegada da II República, Basilio abandona o sacerdocio, ten dous fillos, afastase da igrexa, e, tras rematar Dereito, adícarase ao exercicio da abogacía e á política.
A guerra civil sorprendeo en Madrid, e ten que “marchar” a Argentina onde continúa coa súa actividade xornalística e editoral.
No seu Ourense natal, según se dí, o seu retrato foi arrastrado por cabalos (aspecto no que discrepo, pondo o dato en corentena, porque, puidera ser que, en lugar do retrato, puidese ir á placa anteriormente mentada) e, a rúa que levaba o seu nome (hoxe rúa Concordia), mudou de “Basilio Álvarez” a ”Capitán Eloy”.
Basilio Álvarez morre en Tampa, Estados Unidos, o 15 de noviembre de 1943 aos 66 anos.

Hoxe unha rúa do barrio da Ponte leva o seu nome.

* temos que recordar que a Avenida de Buenos Aires non comezaba onde hoxe o fai, senón que ocupaba a totalidade da actual rúa Concordia (tramo da antiga estrada de Trives) polo que, a rúa que o viu nacer levaría o do propio Basilio.

No hay comentarios: